A Xunta reforza o seu compromiso coas galegas e os galegos da quinta provincia de Galicia e o seu patrimonio cultural

O conselleiro de Cultura, os secretarios xerais de Emigración e Cultura e o delegado da Xunta en Bos Aires reúnense co embaixador español na Arxentina para consolidar a cooperación entre as institucións.

Os responsables autonómicos mantiveron un encontro cos representantes do Centro Gallego de Bos Aires para interesarse pola situación da entidade.

Tralas xuntanzas institucionais, as autoridades galegas visitaron a Asociación Galega de Residentes de Mos, que está a celebrar o seu centenario, e o Centro Lalín, Agolada e Silleda.

  • De esquerda a dereita: o conselleiro de Empleo y Seguridad Social; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; o embaixador de España; o secretario xeral da Emigración; o secretario xeral de Cultura; e o delegado da Xunta na Arxentina
    De esquerda a dereita: o conselleiro de Empleo y Seguridad Social; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; o embaixador de España; o secretario xeral da Emigración; o secretario xeral de Cultura; e o delegado da Xunta na Arxentina
  • Na imaxe, reunión dos responsables da Xunta de Galicia coas e cos representantes do Centro Gallego de Bos Aires
    Na imaxe, reunión dos responsables da Xunta de Galicia coas e cos representantes do Centro Gallego de Bos Aires
  • Imaxe da visita á Asociación Galega Residentes de Mos, que este ano celebra o seu centenario
    Imaxe da visita á Asociación Galega Residentes de Mos, que este ano celebra o seu centenario
  • Imaxe da visita á Asociación Residentes de Mos, que este ano celebra o seu centenario, e entrega dunha placa conmemorativa á súa presidenta, Isabel Vilela Louriño
    Imaxe da visita á Asociación Residentes de Mos, que este ano celebra o seu centenario, e entrega dunha placa conmemorativa á súa presidenta, Isabel Vilela Louriño
  • Imaxe da visita á Asociación Galega Residentes de Mos, que este ano celebra o seu centenario
    Imaxe da visita á Asociación Galega Residentes de Mos, que este ano celebra o seu centenario
  • Imaxe da visita ao Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires
    Imaxe da visita ao Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, reforzaron o seu compromiso cos galegos e as galegas da Arxentina ao inicio dunha viaxe marcada polo encontro co embaixador de España, Francisco Javier Sandomingo Núñez, e o conselleiro de Empleo y Seguridad Social, José Luis Mira Lema. Durante a xuntanza, os reunidos puxeron en común os eidos de actuación nos temas máis relevantes. 

A reunión, que forma parte do contacto permanente que manteñen o Goberno español e o galego co arxentino, precedeu ao encontro que mantiveron a continuación coas e cos representantes do Centro Gallego de Bos Aires, a quen transmitiron o seu respecto polo proceso de negociación que están a manter de cara ao traspaso da xestión do seu hospital. Os responsables galegos expresaron o seu total apoio á vontade manifestada polas socias e socios sobre a salvagarda  do patrimonio do centro no proceso negociador, e lembráronlles que, no eido sanitario, o Estado español, co que colabora a Xunta de Galicia, mantén instrumentos que facilitan o acceso á asistencia sanitaria das e dos emigrantes españois, e as cidadás e os cidadáns galegos en particular, que o precisen na Arxentina.

Respecto e apoio ao proceso de negociación
“O Goberno galego mantén, como non pode ser doutro xeito, o seu compromiso de preservar o patrimonio cultural, artístico e bibliográfico, que acolle o Centro Gallego de Bos Aires”, sinalou Román Rodríguez, “e segue de cerca todo este proceso para ir actuando segundo proceda en cada momento”. Neste sentido o conselleiro explicou que desde a Xunta de Galicia se manteñen contactos ao máximo nivel co Goberno da Nación e que, en todo caso, se respectan as negociacións que neste momento manteñen os actuais propietarios cos interesados en adquirir o Centro respecto da xestión do devandito patrimonio cultural. En calquera caso, o conselleiro garantiu que “Galicia estará á altura das circunstancias” para preservar e manter “este rico legado cultural e histórico que atesouraron os galegos de aquí”. 

Rodríguez Miranda, pola súa banda, salientou “a importancia deste legado cultural que, malia ser propiedade dunha entidade privada e estar rexido polas leis arxentinas, posúe un gran valor sentimental para Galicia. E así o reflectiu o Parlamento de Galicia de xeito unánime co apoio ao manifesto que aposta pola conservación destes bens”.

Visitas ás entidades de Mos e Lalín, Agolada e Silleda
Os representantes da Xunta de Galicia aproveitaron a súa viaxe á capital arxentina para visitar a Asociación Galega de Residentes de Mos, que está a celebrar o seu centenario cunha delegación de veciñas e veciños do concello pontevedrés, e manter un encontro cos seus socios e socias. Tamén o Centro Lalín, Agolada e Silleda recibiu á comitiva galega, que percorreu as instalacións e se interesou pola súa realidade actual. 

683 lecturas