A Xunta leva a Uruguai a súa aposta por atraer o talento dos galegos e as galegas facilitándolles a súa formación e inserción laboral en Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o secretario xeral da Emigración concluíron en Montevideo as xornadas informativas sobre a Estratexia Retorna 2020.
Miranda aproveitou a mañá do sábado para asinar dous dos tres convenios asistenciais que rubricará nesta viaxe ao país rioplatense.
- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o secretario xeral da Emigración concluíron en Montevideo as xornadas informativas sobre a Estratexia Retorna 2020
- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o secretario xeral da Emigración concluíron en Montevideo as xornadas informativas sobre a Estratexia Retorna 2020
- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o secretario xeral da Emigración concluíron en Montevideo as xornadas informativas sobre a Estratexia Retorna 2020
- Antonio Rodríguez Miranda e Alfredo Torres, da Sociedad Española de Socorros Mutuos y Beneficencia La Española, durante a sinatura do convenio asistencial
- Antonio Rodríguez Miranda e Manuel Ramos, da Casa de Galicia de Montevideo, durante a sinatura do convenio asistencial
- Á sinatura dos convenios tamén asistiron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o delegado da Xunta de Galicia na Arxentina e o Uruguai
- Antonio Rodríguez Miranda e Alfredo Torres, da Sociedad Española de Socorros Mutuos y Beneficencia La Española, durante a sinatura do convenio asistencial
- Á sinatura dos convenios tamén asistiron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o delegado da Xunta de Galicia na Arxentina e o Uruguai
- Previa á charla informativa, Román Rodríguez e Antonio Rodríguez Miranda reuníronse coa directiva e socias e socios do Patronato da Cultura Galega de Montevideo
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, invitaron aos preto de 30.000 galegos e galegas menores de 65 anos residentes en Uruguai a adherirse aos incentivos que a Xunta de Galicia vén de aprobar a través da Estratexia Retorna 2020 co obxectivo de facilitarlles o seu regreso a Galicia. Das e dos 41.085 galegos que viven no país rioplatense, o quinto do exterior cun maior volume de poboación galega, case o 70% ten 64 anos ou menos, o que os convirte nos principais destinatarios das máis de medio cento de medidas que o Goberno galego está a poñer en marcha.
Unha das máis novidosas e a que está centrando gran parte dos esforzos do Executivo autonómico, as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) contan entre os beneficiarios e beneficiarias da súa primeira convocatoria, que están a ultimar os seus estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas, con seis galegas e galegos residentes en Uruguai. Na xornada informativa, á que asistiron o consejero de Empleo y Seguridad Social da Embaixada de España en Uruguai, Benito Díez Arce; o ministro consejero da Embaixada, Ignacio Aguirre de Cárcer; e o delegado da Xunta na Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, o conselleiro de Cultura detallou os requisitos para acceder a este programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 deste mes.
Axudas para a educación e o emprego
Durante o acto, o conselleiro de Educación lembrou que dentro do Plan de excelencia do Sistema Universitario de Galicia (SUG), presentado o pasado ano, tamén se contempla a posta en marcha de axudas económicas para as e os estudantes de grao retornados.
Así mesmo, Román Rodríguez tamén avanzou a próxima creación de bolsas específicas para os que cursen un ciclo superior de Formación Profesional, que recibirán ata 5.000 euros. O obxectivo é facilitar ao máximo a incorporación das mozas e mozos retornados ao sistema educativo galego, facendo especial fincapé na FP e nos estudos universitarios pola súa conexión directa co mercado laboral e a posibilidade de incorporación a postos de traballo de alta cualificación.
O secretario xeral da Emigración, pola súa banda, foi o encargado de presentar ás e aos asistentes á charla, celebrada no Patronato Galego de Cultura, os programas deseñados polo Goberno galego no ámbito laboral e do emprendemento, outra das chaves para facilitar o retorno Galicia dos galegos e galegas do exterior. “Non podemos conformarnos con recuperar ese talento académico que un día deixou Galicia, xa fose en forma das e dos propios mozos ou dos seus pais e avós. A nosa obriga, e o noso desexo, é lograr que, unha vez de volta na súa terra, sexan quen de establecerse profesionalmente para que elixan quedar definitivamente e facer de Galicia novamente o seu fogar”, asegurou Miranda. De aí as arredor de vinte medidas que a Estratexia Retorna 2020 dedica exclusivamente ao eido da contratación de traballadoras e traballadores e da creación de autoemprego.
As Axudas ao Retornado Emprendedor, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata setembro, é unha delas. Pero a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de deseñar outras dezanove que, a través de incentivos específicos para os retornados e retornadas que alcanzan o 25 % adicional, pretenden facer máis atractivo o mercado laboral para os galegos e as galegas do exterior. Subvencións para a contratación indefinida de persoas retornadas por parte de empresas ordinarias, de pemes, de autoempregadas e autoempregados, de cooperativas ou sociedades laborais, e de ámbito rural engrosan a oferta, que se complementa con axudas para a creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, de base tecnolóxica e unha firme aposta por apoiar a consolidación do emprego, prestando especial atención ás e aos retornados.
Acceso á vivenda e apoio social
A Estratexia Retorna 2020 esténdese, non obstante, a todas as áreas do retorno: desde a información (coa creación dunha Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retornado, tanto física como virtual e telefónica), ata o apoio social (cunha liña de axudas ás familias que regresen a Galicia con fillas ou fillos menores de idade), pasando pola vivenda a través do acceso de incentivos para rehabilitación e alugueiro.
Dous convenios que superan os 50.000 euros
Miranda aproveitou a súa visita á capital uruguaia para asinar dous convenios de carácter asistencial coa Sociedad Española de Socorros Mutuos y Beneficencia La Española, dotado con 20.000 euros, e co presidente da Casa de Galicia de Montevideo, Manuel Ramos, que conta cunha dotación doutros 35.000 euros.
Novas relacionadas