Preguntas frecuentes - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2018

100 bolsas para cursar determinados estudos de mestrado que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega e dirixidas a galegos/as que estean residindo no estranxeiro.

  • Terás que presentar a solicitude de bolsas por medios electrónicos a través do formulario accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia bolsasexcelencia.xunta.gal.
  • O prazo remata o día 31 de maio de 2018 ás 24:00 h (hora peninsular española).

Podes consultar toda a información descargando as bases desta convocatoria publicadas no Diario Oficial de Galicia.

As bolsas están dirixidas a galegos/as que residan no estranxeiro e teñan unha  titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico ou enxeñeiro/a técnico.

1) No momento de solicitar a Bolsa debes cumprir necesariamente os seguintes requisitos:

  • Ter menos de 40 anos.
  • Ter a nacionalidade española.
  • Residir no estranxeiro.
  • Estar vinculado a Galicia dunha das seguintes maneiras:
    a) Ser emigrante nacido/a en Galicia
    b) Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero que residiras en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar
    c) Ser descendente por consanguinidade dunha das persoas dos apartados a) ou b) anteriores, sempre que naceras no estranxeiro.
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude
  • Ter rematada algunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico ou outro expresamente declarado equivalente.

2) Requisitos que debes cumprir no momento de presentar a solicitude ou con posterioridade, pero sempre antes da concesión da Bolsa:

  • No caso das persoas descendentes de galegos/as e nacidas no estranxeiro, estar vinculada a un concello galego no PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro).
  • Estar matriculado/a no curso 2018/19 nun mestrado universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos e na modalidade presencial.

Non, simplemente terás que cumprimentar a declaración que se inclúe no formulario de solicitude da Bolsa sinalando o mestrado ou mestrados nos que solicitaches ou vas a  solicitar a túa admisión  dos ofertados na convocatoria. Con posterioridade, terás que enviar o xustificante de estar matriculado/a nun dos mestrados ofertados.

  • As Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior concédense para a realización de 66 mestrados diferentes das áreas de: Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas así como Enxeñería e Arquitectura. Podes consultar o listado completo descargando en listado mestrados.
  • Estes mestrados realízanse nunha das universidades públicas de Galicia: Universidade da Coruña (campus de A Coruña e de Ferrol), Universidade de Santiago de Compostela (campus de Santiago e de Lugo) e Universidade de Vigo (campus de Vigo, Ourense e Pontevedra).
  • Antes de matricularte debes realizar o proceso de solicitude de admisión nun ou en varios dos mestrados ofertados nesta convocatoria nas universidades galegas que prefiras e coa antelación necesaria para poder presentar o xustificante de matrícula.
  • Cada universidade establece diferentes prazos de admisión e debes estar en contacto directo con elas para informarte dos programas de máster da túa área de interese, así como dos requisitos e da documentación que debes aportar. A estes efectos, para ser admitido/a nunha universidade, no caso de títulos estranxeiros de estudos de países alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), deberás tramitar a solicitude de equivalencia na universidade galega onde pretendas cursar o mestrado. Non será necesario no caso de que o título estivera xa homologado a un título universitario oficial español ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado membro do EEES e que faculten para o acceso a estudos de mestrado.
  • Para preinscribirte e solicitar a admisión na universidade, tes que cumprimentar o formulario de solicitude do mestrado ao que queiras acceder na web da universidade á que pertenza, onde che explicarán os requisitos de admisión e prazos posteriores para, no seu caso, matricularte:

- www.udc.es

- www.usc.es

- www.uvigo.gal

O custo da matrícula para estudos oficiais de mestrado está fixado polas universidades. 

A matrícula consta de dous conceptos:

  1. Taxas administrativas ou de secretaría (apertura de expediente, seguro universitario de accidentes e asistencia en viaxes, expedición da tarxeta universitaria de identidade (TUI), solicitude de equivalencia, etc., cuxo importe oscila entre 40 € e 70 € aprox., segundo os casos.
  2. Taxas académicas (diferenciando a rama de Experimentais e Non Experimentais):
         a) Para os títulos de mestrado da rama de Experimentais - Epígrafe A (Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñería e Arquitectura), o importe sería de 1.900 € aprox.
         b) Para os títulos de mestrado da rama de Non Experimentais - Epígrafe B (Arte e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas), o importe sería de 1.300 € aprox.

Moi importante: Exención de taxas académicas

  • Os/as solicitantes das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, no momento de realizar a matrícula, deben marcar a casilla correspondente a que son solicitantes de bolsa e así só aboan as taxas administrativas ou de secretaría. Este abono faise normalmente mediante ingreso bancario ou mediante tarxeta bancaria de crédito ou débito.
  • Se a resolución da Bolsas Excelencia Mocidade Exterior fose favorable e se concedese a bolsa, as taxas académicas abonaríanas unha vez que estivesen en España e recibisen o importe da bolsa.
  • Se a bolsa se denegase e seguise interesado/a en realizar o mestrado para o que se matriculou, deberá aboar as taxas académicas no prazo establecido. No caso de que se lle denegase e xa non estivese interesado/a en realizar o mestrado, deberá anular a matrícula e perdería en todo caso o importe das taxas administrativas ou de secretaría.
  • O importe da bolsa é o que se reflicte no seguinte cadro:
     
    Dotación total da Bolsa

    Nº Créditos ECTS

    Nº cursos

    Europa

    Resto países

    60 - 72

    1

    7.000 €

    7.650 €

    90 1,5

    10.500 €

    11.475 €

  • O pagamento da bolsa realizarase en dous ou tres pagos, unha vez que se atope en Galicia, se teña incorporado ao mestrado na universidade correspondente e presente determinada documentación xustificativa. A información detallada atópase nas bases da convocatoria.

Coa contía asignada deberás afrontar todos os gastos que se xeren para poder realizar o mestrado, e en concreto:
    a) Gastos de preinscrición, administrativos e de matrícula na universidade.
    b) Viaxe desde o teu país de procedencia.
    c) Aloxamento e manutención en Galicia.
    d) Subscrición dun seguro médico, no seu caso.

No caso de que se che conceda a bolsa, ademais do seguro médico ou de accidentes universitario que terás como estudante do mestrado, debes ter algún tipo de cobertura sanitaria que che cubra calquera atención ou continxencia médica. Segundo o caso, pode haber distintas opcións: se resides en Europa podes solicitar a Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) antes de viaxar a España, tamén podes tramitar en España a asistencia sanitaria pública como residente en España ou tamén podes contratar un seguro médico privado.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, bolsasexcelencia.xunta.gal.
  • As persoas solicitantes deberán cubrir os campos do formulario que figuren na aplicación informática e incorporar os documentos requiridos. Rematado este proceso, deberán confirmar a solicitude, que comporta a súa presentación e procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. Unha vez confirmada a solicitude, non poderán ser modificados ningún dos datos cubertos no formulario.

As persoas solicitantes deben anexar na aplicación informática e enviar a documentación esixida na convocatoria. Preme o seguinte enlace explicativo desta documentación.

Este certificado do PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro) debe solicitarse ao INE (Instituto Nacional de Estadística) da provincia á que pertenza en Galicia o teu concello galego. Podes solicitar este certificado por correo electrónico. Debes dirixirte á provincia correspondente de Galicia e enviar un formulario que podes descargar aquí e enviar tamén unha copia do teu pasaporte ou DNI escaneado.

No caso de que a titulación de acceso ao mestrado se obtivera nunha universidade estranxeira, a certificación do expediente académico deberá ir acompañada da declaración de equivalencia de nota media que se obtén a través do acceso ao formulario na aplicación on-line sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España (MECD)

As instrucións para realizar este trámite pódelas descargar aquí.

O procedemento para realizar este trámite é o seguinte:

  1. O formulario de “declaración de equivalencia da nota media de expedientes académicos universitarios realizados en centros estranxeiros” debe ser cumprimentado coa información do expediente académico e selecciónase a escala de cualificación que corresponde aos estudos realizados. Débense engadir os datos de cualificacións obtidas na escala orixinal e aparecerá de forma automática a nota media equivalente de cada unha e a nota media final do expediente académico.
  2. Terminado o devandito proceso, débese confirmar a declaración, imprimir e asinar a “Declaración de equivalencia de nota media”. A continuación debe escanearse e achegarse á plataforma.
  3. A declaración de equivalencia será revisada polos órganos instrutores dos procedementos, que deberán verificar os datos consignados na declaración para darlle validez. 
  1. Recoñecemento de equivalencia do título estranxeiro:
    Para ser admitido/a nunha universidade, no caso de títulos estranxeiros de estudos de países alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), deberás tramitar a solicitude de recoñecemento de equivalencia académica do título estranxeiro en España.

    Este trámite é necesario aos efectos exclusivos de cursar estudos de mestrado nunha universidade galega e debes realizalo directamente coa universidade galega onde pretendas cursar o mestrado, tal e como está explicado na pregunta frecuente 8.
  2. Declaración de equivalencia da nota media do expediente académico universitario estranxeiro:
    Un dos criterios de valoración das solicitudes destas bolsas é a nota media do expediente académico. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, debes presentar xunto á solicitude de bolsa o documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois, que se realizará on-line a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España (MECD), tal e como está explicado na pregunta frecuente 16.
  • A través desta ligazón (picar aquí)  e desta Guía facilítase información útil ás/aos estudantes tanto antes da viaxe como ao chegar á UDC.
  • No caso de que necesites calquera información a maiores, podes contactar directamente a través do correo electrónico: vepeu@udc.gal
  • A través desta ligazón (picar aquí) facilítase información útil ás/aos estudantes tanto antes da viaxe como ao chegar á USC.
  • No caso de que necesites calquera información a maiores, podes contactar directamente a través dos correos electrónicos: study.abroad@usc.esoiu@usc.es 

A través destas ligazóns facilítase información útil aos/ás estudantes tanto antes da viaxe como ao chegar á UVIGO:

No caso de que necesites calquera información a maiores, podes contactar directamente a través do correo electrónico: posgrao@uvigo.es

  • Podes poñerte en contacto con esta Secretaría Xeral da Emigración a través do seguinte correo electrónico: oficina.emigracion@xunta.es
  • Tamén podes chamar aos seguintes teléfonos de España: +34 981 957162 / +34 981 547271 / +34 981 547 268