A Xunta de Galicia reforza o seu compromiso coa colectividade galega nos 40 anos da Feira das Colectividades de Rosario

O delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou na Feira das Colectividades de Rosario, unha cita emblemática que este ano celebra o seu 40 aniversario. Este evento, que reúne culturas de todo o mundo a través de bailes, gastronomía e tradicións, simboliza a diversidade e o legado das correntes migratorias que contribuíron a conformar a identidade arxentina. Durante once noites, miles de visitantes achegáronse a gozar desta festa que destaca pola súa riqueza cultural e pola convivencia entre as diferentes colectividades.
O Centro Galego de Rosario volveu a ser un referente destacado, cun stand que ofreceu a mellor gastronomía galega e unha exposición cultural co título Galicia Bella, que conquistou aos asistentes cunha mostra única da beleza e tradicións da nosa terra. Dobarro destacou o compromiso da Xunta de Galicia co apoio á colectividade galega e o valor de eventos como este para manter viva a nosa cultura na diáspora.
Novas relacionadas