A Xunta destaca a Gran Romaría Galega de Bos Aires como símbolo da vitalidade e compromiso da colectividade exterior co legado cultural de Galicia

O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou no acto conmemorativo do Día de Galicia organizado pola comunidade galega na Arxentina.

Enxalzou este evento como unha expresión viva da nosa identidade colectiva e unha mostra da riqueza cultural de Galicia e da unión interxeracional que caracteriza á emigración galega.

Puxo en valor o papel esencial das entidades galegas na preservación da identidade, cultura e lingua galegas máis alá das fronteiras.

Con máis de 4.000 asistentes, a Gran Romaría congregou arredor de 400 artistas e máis de 20 entidades galegas procedentes de Bos Aires e outras cidades arxentinas como Rosario, Rafaela, La Plata ou Santa Fe.

  • A Xunta destaca a Gran Romaría Galega de Bos Aires como símbolo da vitalidade e compromiso da colectividade exterior co legado cultural de Galicia
    A Xunta destaca a Gran Romaría Galega de Bos Aires como símbolo da vitalidade e compromiso da colectividade exterior co legado cultural de Galicia
  • A Xunta destaca a Gran Romaría Galega de Bos Aires como símbolo da vitalidade e compromiso da colectividade exterior co legado cultural de Galicia
    A Xunta destaca a Gran Romaría Galega de Bos Aires como símbolo da vitalidade e compromiso da colectividade exterior co legado cultural de Galicia
  • A Xunta destaca a Gran Romaría Galega de Bos Aires como símbolo da vitalidade e compromiso da colectividade exterior co legado cultural de Galicia
    A Xunta destaca a Gran Romaría Galega de Bos Aires como símbolo da vitalidade e compromiso da colectividade exterior co legado cultural de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 28 de xullo de 2025.

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou na Gran Romaría Galega organizada pola colectividade galega na Arxentina co apoio da Xunta con motivo da celebración do Día de Galicia. Alí destacou o firme compromiso do Goberno autonómico coa comunidade galega no exterior, poñendo en valor o papel esencial destas entidades na preservación da identidade, cultura e lingua galegas máis alá das fronteiras.

O delegado enxalzou a romaría como unha expresión viva da nosa identidade colectiva e unha mostra da riqueza cultural de Galicia e da unión interxeracional que caracteriza á emigración galega. Afirmou que eventos como este permiten manter aceso o legado galego a miles de quilómetros da nosa terra.

Fronte a máis de 4.000 asistentes, fixo tamén unha lembranza especial a Castelao, ao cumprírense 75 anos do seu pasamento. Destacou o seu forte vencello con Bos Aires e coa emigración galega, lembrando que foi precisamente nesta cidade onde, o 25 de xullo de 1948, pronunciou o seu último gran discurso público con motivo da celebración do Día de Galicia por parte da colectividade galega na Arxentina.

A Gran Romaría Galega congregou arredor de 400 artistas e máis de 20 entidades galegas procedentes de Bos Aires e outras cidades arxentinas como Rosario, Rafaela, La Plata ou Santa Fe. Para o delegado, esta celebración é unha mostra máis da vitalidade da diáspora galega e do seu compromiso coas raíces culturais.

415 lecturas