A Xunta de Galicia impulsa a través dunha exposición en Rosario unha nova homenaxe á figura de Castelao

  • A Xunta de Galicia impulsa a través dunha exposición en Rosario unha nova homenaxe á figura de Castelao

Listen to this page using ReadSpeaker
Rosario (Arxentina), 22 de xullo de 2025.

No marco do Ano Castelao, o delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou na inauguración da exposición dedicada á figura do intelectual galego no Complexo Cultural Parque España de Rosario. O acto contou coa presenza da directora do Complexo, Fernanda González Cortiñas, así como do presidente do Centro Galego de Rosario, Leandro Barba Palacios, quen acompañaron ao representante autonómico nesta iniciativa cultural.

A exposición forma parte das actividades impulsadas pola Xunta de Galicia para conmemorar o legado de Castelao e poñer en valor a súa pegada na identidade galega dentro e fóra de Galicia. Trátase dun proxecto que busca reforzar os vínculos culturais coa diáspora, especialmente coa colectividade galega en Arxentina, país no que Castelao viviu parte da súa vida e onde a súa obra segue sendo un referente.

418 lecturas