A Xunta de Galicia e a Prefeitura de Río de Xaneiro avanzan vías de colaboración en materia de turismo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe co viceprefeito de Rio de Janeiro, Adilson Pires, e cunha delegación de empresariado galego de hostalería.

Rueda tamén visitou a Sociedade de Recreio dos Anciaos para Asilo da Velhice Desamparada, onde asinou un convenio para a atención do asilo de emigrantes.

  • O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe co viceprefeito de Rio de Xaneiro, Adilson Pires
    O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe co viceprefeito de Rio de Xaneiro, Adilson Pires
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a Sociedade de Recreio dos Anciaos para Asilo da Velhice Desamparada
    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a Sociedade de Recreio dos Anciaos para Asilo da Velhice Desamparada
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a Sociedade de Recreio dos Anciaos para Asilo da Velhice Desamparada, onde asinou un convenio para a atención do asilo de emigrantes
    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a Sociedade de Recreio dos Anciaos para Asilo da Velhice Desamparada, onde asinou un convenio para a atención do asilo de emigrantes
Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Xaneiro, 31 de marzo de 2014.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo hoxe un encontro co viceprefeito -vicealcalde- de Rio de Xaneiro, Adilson Pires, no que ambos avanzaron vías de colaboración en materia de turismo.

Rueda destacou que a reunión foi moi produtiva, xa que se abriron camiños como a posibilidade de que a Escola de Turismo poida facer formación en Río e de facer intercambios na recuperación do patrimonio histórico, un aspecto no que están moi interesadas as autoridades da cidade e no que Galicia pode aportar a súa experiencia a nivel turístico no Camiño de Santiago.

En definitiva, a reunión valeu para afianzar as canles de contacto e de oportunidades, así como para deixar patente que Galicia quere e pode ser “a porta de Brasil en Europa”, especialmente agora que o país sudamericano vive un momento moi importante, a nivel económico, coa celebración de destacados eventos de alcance mundial.

Encontro co empresariado
Precisamente tamén sobre o turismo xirou o encontro que mantivo esta mañá o vicepresidente da Xunta con varias e varios empresarios galegos de Río, que teñen unha enorme presenza na hostalería da cidade.

Rueda asegurou que é hora de que “Galicia mire a Brasil e viceversa” e se aproveite a experiencia en sectores como a hostalería, no que as empresarias e os empresarios galegos xa levan anos traballando. Ademais, incidiu na necesidade de continuar estreitando os lazos culturais, persoais -a través das galegas e os galegos que viven en Brasil- e lingüísticos que nos unen.

Sociedade de Recreio
Por último, o número dous da Xunta rematou a súa viaxe institucional en Brasil visitando as instalacións da Sociedade de Recreio dos Anciaos para Asilo da Velhice Desamparada, onde asinou un convenio de colaboración para a atención das necesidades socio-asistenciais básicas das usuarias e os usuarios do asilo.

Con estas visitas, Rueda pechou a rolda de encontros empresariais e coa diáspora galega en Brasil que iniciou esta fin de semana no marco da súa viaxe institucional ao país sudamericano. Durante a súa viaxe o vicepresidente estivo acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

1033 lecturas