Miranda inicia a súa viaxe a Brasil, para profundizar na promoción de Galicia no país, reuníndose coas colectividades galegas presentes en Río

O secretario xeral da Emigración reuniuse asemade coa nova cónsul española na cidade, e co conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada.

  • Antonio Casas (Secretario da Conselleria de MEYSS en Río) Antonio Rodríguez Miranda e Pablo Figueroa Conselleiro do MEYSS en Brasil
    Antonio Casas (Secretario da Conselleria de MEYSS en Río) Antonio Rodríguez Miranda e Pablo Figueroa Conselleiro do MEYSS en Brasil
  • Antonio Rodríguez Miranda con membros do CRE de Río
    Antonio Rodríguez Miranda con membros do CRE de Río
  • Reunión na Casa de España coa súaa directiva. Alexandre Bouzon (Presidente), Celsa Nuño (Consul Xeral), Antonio Rodríguez Miranda e Pablo Figueroa
    Reunión na Casa de España coa súaa directiva. Alexandre Bouzon (Presidente), Celsa Nuño (Consul Xeral), Antonio Rodríguez Miranda e Pablo Figueroa
  • Reunión CRE. Antonio Casas (Secretario de Empleo e Seguridade Social), Alexandre Bouzon (Conselleiro), Mónica Gabriela Mosquera (Conselleira e Representante do Presidente ausente), Consul Xeral, Antonio Rodríguez Miranda e Pablo Figueroa
    Reunión CRE. Antonio Casas (Secretario de Empleo e Seguridade Social), Alexandre Bouzon (Conselleiro), Mónica Gabriela Mosquera (Conselleira e Representante do Presidente ausente), Consul Xeral, Antonio Rodríguez Miranda e Pablo Figueroa
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2015.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou a súa viaxe pola República Federativa do Brasil, na que, ademais de achegarse á realidade e actualidade das comunidades galegas, coñecerá en detalle as capacidades novas de negocio dos empresarios galegos en Brasil, levará a cabo diversos contactos institucionais coas autoridades locais, asinará dous acordos en materia turística e asistencial, respectivamente, e profundará nas posibilidades de expansión de Galicia no país.

O primeiro contacto de Miranda foi co conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España, Pablo Figueroa, con quen compartiu pareceres sobre as novidades nesta materia que podan afectar á colectividade galega. Posteriormente, achegouse ata a Casa de España de Río de Xaneiro, onde visitou as instalacións, departiu coas socias e socios, e reuniuse coa xunta directiva. Cómpre sinalar que a denominación xenérica ‘de España‘ deriva dunha vella obriga normativa brasileira, se ben a inmensa maior parte dos asociados son de orixe galega.

Na liña de contacto con toda a colectividade galega presente na cidade, Miranda tamén mantivo un encontro cos membros do Consello de Residentes de España, máximo órgano oficial representativo dos residentes en Río, ao longo do cal asemade falou coa nova cónsul xeral de España, Celsa Nuño, a quen transmitiu as mensaxes e inquedanzas que lle fixeron chegar as galegas e os galegos con presenza na principal megalópole do Brasil.

Convenio socioasistencial
Miranda acude hoxe aos actos de celebración do 75 aniversario da Asociación ‘Recreio dos Anciâos’, que preside a galega Regina Jallas, e coa que a Secretaría Xeral da Emigración asinará un convenio de colaboración en materia socioasistencial para atención a maiores galegos.

Tamén visitará, xa en xornadas posteriores, a colectividade galega en Niterói, e coñecerá o traballo dos empresarios galegos do turismo en Brasil, cun importante peso neste sector, cos que asinará un protocolo de colaboración, do que tamén será partícipe o Clúster Turismo de Galicia, co gallo de axudar á difusión e relanzamento da imaxe exterior de Galicia no país carioca.

999 lecturas