A Xunta enxalza os 75 anos de traballo do Lar Gallego de Pamplona como referente na rede de 65 centros galegos promotores da nosa cultura en España
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe na capital navarra nos eventos conmemorativos do 75 aniversario desta entidade.
González enxalzou o labor das distintas xeracións que construíron e mantiveron esta entidade e difundiron desde ela a cultura, lingua e tradicións galegas.
Trasladou o apoio do Goberno galego a este cometido e destacou que o traballo conxunto é o que garante o futuro para manter vivas a identidade e galeguidade máis alá das fronteiras de Galicia.
A Xunta enxalza os 75 anos de traballo do Lar Gallego de Pamplona como referente na rede de 65 centros galegos promotores da nosa cultura en España
A Xunta enxalza os 75 anos de traballo do Lar Gallego de Pamplona como referente na rede de 65 centros galegos promotores da nosa cultura en España
A Xunta enxalza os 75 anos de traballo do Lar Gallego de Pamplona como referente na rede de 65 centros galegos promotores da nosa cultura en España
A Xunta enxalza os 75 anos de traballo do Lar Gallego de Pamplona como referente na rede de 65 centros galegos promotores da nosa cultura en España
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe nos eventos conmemorativos do 75 aniversario do Lar Gallego de Pamplona. No acto central, que tivo lugar no Palacio de Navarra tras visitar a sede do Lar Gallego, José González enxalzou o labor das distintas xeracións que construíron e mantiveron esta entidade, desde os pioneiros aos máis novos, a prol da difusión da cultura, lingua e tradicións galegas en Navarra. Neste sentido, sinalou que é unha entidade referente dentro da rede de 65 centros galegos de España na divulgación da galeguidade.
Ademais, o conselleiro subliñou a ampla variedade de actividades e iniciativas que desenvolve ao longo de todo o ano, así como o importante papel que desempeñan os grupos de baile -Os Fillos de Breogán, que actuou nesta cita- e de cantareiras e pandeireteiras cos que conta o Lar Gallego de Pamplona.
Entre as actividades destacadas deste centro está a celebración do Día de Rosalía de Castro, figura clave da literatura galega tamén homenaxeada esta mañá cunha ofrenda floral na praza de Pamplona que leva o seu nome e á que tamén asistiu o conselleiro José González. Ademais, o Lar Gallego de Pamplona é Centro Promotor do Camiño de Santiago e atende aos peregrinos que se achegan a solicitar información sobre o camiño, así como a retirar as credenciais.
Apoio do Goberno galego
Neste contexto, o titular de Emprego, Comercio e Emigración trasladou a esta entidade o apoio da Xunta e destacou a importancia de seguir traballando xuntos, promovendo que as novas xeracións manteñan este legado e a difusión da cultura e tradicións galegas. Este traballo conxunto, subliñou, é o que garante o futuro para manter vivas a identidade e galeguidade máis alá das fronteiras de Galicia.
Por último, o conselleiro tivo palabras de agradecemento para María Jesús Rodríguez, presidenta do Lar Gallego de Pamplona desde 2015 e a primeira muller en ocupar este cargo. Tamén agradeceu á Vicepresidencia segunda do Goberno Foral de Navarra a hospitalidade e a organización de este acto, enmarcado na Semana da Administración Aberta, e que representa unha ponte de unión entre Galicia e Navarra.
Visitas como a de hoxe ao Lar Gallego de Pamplona e outras realizadas a centros de Arxentina, Uruguai, Suíza, Liechtenstein e tamén en Asturias, Euskadi, Madrid, Valladolid e Salamanca contribúen a seguir tendendo pontes e afianzar o compromiso coa comunidade galega no exterior, tanto nos distintos lugares de España como noutros países. Ademais, forman parte do apoio do Goberno galego ao labor destas entidades para continuar difundindo a cultura e tradicións de Galicia no exterior.
Novas relacionadas



