A Xunta destaca en Córdoba o éxito das Bolsas BEME como eixo da Estratexia Galicia Retorna
A subdirectora de Retorno salientou que o 80% dos bolseiros decide quedar en Galicia, convertendo estas axudas nunha ferramenta clave para atraer talento novo desde o exterior.
A Xunta destaca en Córdoba o éxito das Bolsas BEME como eixo da Estratexia Galicia Retorna
A Xunta destaca en Córdoba o éxito das Bolsas BEME como eixo da Estratexia Galicia Retorna
A Xunta destaca en Córdoba o éxito das Bolsas BEME como eixo da Estratexia Galicia Retorna
A Xunta destaca en Córdoba o éxito das Bolsas BEME como eixo da Estratexia Galicia Retorna
A Xunta destaca en Córdoba o éxito das Bolsas BEME como eixo da Estratexia Galicia Retorna
A subdirectora de Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Begoña Solís, participou nun encontro de rectores da CRUE celebrado na Universidade de Córdoba, onde presentou as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) como un dos programas máis destacados da Estratexia Galicia Retorna 2023–2026.
As BEME permiten que galegos e descendentes residentes no exterior, poidan cursar un máster nalgunha das tres universidades galegas con todo o apoio económico necesario: matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención. Desde a súa creación en 2017, xa facilitaron o regreso de máis de 1.500 mozos galegos, cun investimento acumulado de máis de 12 millóns de euros.
Na súa intervención, a representante da Xunta subliñou que “o 80% dos beneficiarios decide quedar en Galicia tras rematar os estudos”, o que converte este programa nun instrumento eficaz para atraer talento novo, reforzar a demografía e impulsar a economía galega.
Na convocatoria 2025–2026, 250 novos bolseiros acaban de incorporarse ás universidades galegas. “Cada estudante que retorna supón un proxecto vital, unha oportunidade para Galicia”, destacou.
Novas relacionadas



