A Xunta convoca axudas de 1,4M€ a programas de iniciativa social para mulleres vulnerables, entre as que teñen prioridade as emigrantes retornadas

A orde prevé axudas específicas para recursos dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade xestantes con fillos ou fillas con menos de tres anos.

As entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que resulten beneficiarias poderán obter ata 40.000 euros de apoio.

O prazo de solicitudes está aberto ata o 9 de abril
O prazo de solicitudes está aberto ata o 9 de abril
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2021.

A Xunta destina preto de 1,4 millóns de euros que a Xunta a axudas dirixidas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a posta en marcha de programas específicos de recursos integrais de atención especializada destinados en exclusiva a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, entre as que teñen prioridade as emigrantes retornadas. A contía máxima da axuda para cada entidade beneficiaria é de 40.000 euros. 

Con estes apoios financiaranse programas que inclúan recursos integrais específicos para mulleres en situación de especial vulnerabilidade xestantes ou lactantes con fillos ou fillas menores de tres anos dirixidos a promover o seu desenvolvemento persoal, familiar e laboral e a súa autonomía económica e afectiva, co fin de evitar que unha situación desexable poida converterse nun factor de exclusión. 

O Goberno galego tamén prestará soporte a iniciativas de atención personalizada e especializada para aquelas mulleres pertencentes aos colectivos expostos. Neste caso, o programa debe contemplar actuacións personalizadas como atención psicolóxica, asesoramento xurídico, mediación, adquisición de habilidades persoais e sociais ou apoio e orientación laboral. 

Os proxectos deberán ter en conta o diferencial feminino e o fomento da igualdade de oportunidades como elemento básico da atención especializada que deben recibir as mulleres en situación de vulnerabilidade, co obxecto de mellorar as súas expectativas persoais, sociais e laborais de cara á súa integración en termos de igualdade. 

Un dos obxectivos principais da medida, ademais da atención personalizada, consiste na mellora das súas condicións de empregabilidade. 

Teñen a consideración de mulleres en situación de especial vulnerabilidade, aos efectos desta convocatoria, as vítimas de violencia de xénero; de explotación sexual-laboral; inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas, pertencentes a unha minoría étnica ou reclusas e ex-reclusas, entre outros supostos.

O pasado 2020, recibiron esta axuda un total de 74 entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. A Administración autonómica leva investidos nesta orde de axudas máis de 13 millóns de euros desde 2009, o que permitiu apoiar un total de 682 programas.

619 lecturas