A delegada da Xunta no Uruguai asiste ao concerto do grupo galego Luar na Lubre no teatro El Galpón de Montevideo

  • Luar na Lubre presentou en Montevideo 'Vieiras e Vieiros. Historias de peregrinos'
    Luar na Lubre presentou en Montevideo "Vieiras e Vieiros. Historias de peregrinos"
  • Na imaxe, Elvira Domínguez e Cristina Fernández
    Na imaxe, Elvira Domínguez e Cristina Fernández
  • Luar na Lubre presentou en Montevideo 'Vieiras e Vieiros. Historias de peregrinos'
    Luar na Lubre presentou en Montevideo "Vieiras e Vieiros. Historias de peregrinos"
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 18 de marzo de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao concerto que ofreceu en Montevideo o grupo galego de folk Luar na Lubre no teatro El Galpón, onde, con grande éxito de público asistente,  presentou o seu último traballo Vieiras e Vieiros. Historias de peregrinos, un álbum que recolle a pegada artística, cultural e etnográfica do Camiño de Santiago.

A xira de Luar na Lubre conta co apoio da Xunta de Galicia. Nos seus 37 anos de existencia, a formación ten vendido xa máis de 350.000 discos e recibiu diferentes premios e recoñecementos dentro e fóra de Galicia. Contou, como artista invitada de excepción, coa presenza de Cristina Fernández, referente da música popular uruguaia que no seu repertorio inclúe numerosas cancións galegas.

335 lecturas