A Xunta agarda lograr avances tanxibles para a elaboración dunha Estratexia nacional fronte ao reto demográfico

Destaca que Galicia ten aprobado o primeiro Proxecto de lei para o impulso demográfico de España, que o Parlamento debaterá no inicio desta lexislatura.

  •  A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, participou esta mañá na constitución da conferencia sectorial do Reto Demográfico
    A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, participou esta mañá na constitución da conferencia sectorial do Reto Demográfico
  •  A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, participou esta mañá na constitución da conferencia sectorial do Reto Demográfico
    A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, participou esta mañá na constitución da conferencia sectorial do Reto Demográfico
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020.

A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, participou esta mañá na constitución da conferencia sectorial sobre o reto demográfico, onde reiterou a necesidade de elaborar a comprometida estratexia nacional neste ámbito. Así mesmo, sinalou que agarda que este encontro permita situar a demografía como un asunto prioritario na axenda do Goberno central e construír un mecanismo de diálogo entre o Executivo central, as comunidades autónomas e as entidades locais.

Neste sentido, Fabiola García sinalou que Galicia leva moitos anos reivindicando que esta cuestión debe estar no centro da acción política. Unha idea que o Goberno galego ten presentado no Foro de rexións con especiais desafíos demográficos e na Conferencia de Presidentes do ano 2017, onde se propuxo e se logrou a creación do Alto Comisionado para o Reto Demográfico. Neste tempo, a nivel autonómico téñense posto en marcha distintas iniciativas entre as que destacan a aprobación do primeiro Proxecto de lei de impulso demográfico de España, que o Parlamento debaterá no inicio desta lexislatura.

A conselleira engadiu que a constitución desta conferencia sectorial é unha boa noticia, pero que por si soa non abonda. Apuntou á necesidade de que o conxunto de administracións avancen unidas e de xeito coordinado para abordar un dos retos máis importantes aos que se enfrontan as comunidades nos próximos anos.

En imaxes
142 lecturas