A Toronto tamén lle chegou o seu San Martiño
Asistiron 200 persoas á festa do Club Hispano da cidade canadense, a maioría de orixe galega.
Imaxe da festa, coas actuacións dos grupos de baile tradicional. Foto: Mark Krawczynski.
Imaxe da festa, coas actuacións dos grupos de baile tradicional. Foto: Mark Krawczynski.
Imaxe da festa, coas actuacións dos grupos de baile tradicional. Foto: Mark Krawczynski.
Al finalizar la cena, se preparó la tradicional queimada. Foto: Mark Krawczynski.
As "meigas" foron as encargadas de recitar o Conxuro da queimada. Foto: Mark Krawczynski.
Preto de 200 persoas, na súa maioría de orixe galego, acudiron á festa. Foto: Mark Krawczynski.
A Festa do San Martiño tamén se celebra en Toronto, Canadá. A universalidade do santo bispo de Tours, San Martiño, faise notar aí onde hai galegas e galegos xa que estes lle profesan unha gran devoción. O Club Hispano de Toronto adiantou a celebración do 11 de novembro ao sábado 3, actualizando o dito popular galego: 'Antes de San Martiño, pan e viño; despois de San Martiño, fame e frío'.
O menú fixo as delicias de socios e socias -na súa maioría naturais de Galicia- que empezaron con orellas de porco como entremeses, seguido de caldo galego con verzas. A continuación unha ensalada e bacallau con patacas e gornición. A sobremesa foron as ineludibles castañas asadas típicas desta época outonal. Todo se degustou cun bo albariño Rías Baixas. A media noite, a tradicional queimada co seu conxuro espertou o respecto e interese de todas e todos os convidados.
Non faltaron as sorpresas 'galegas' na reunión. Cando as persoas asistentes estaban a gozar degustando as castañas, repentinamente apareceron algunhas 'meigas' nas súas vasoiras. Coa súa expresiva caracterización a súa aparencia que impoñía -aseguran testemuñas que as viron-, recitaron o 'conxuro' para facer unha saborosa queimada. Previamente, nenos e nenas dalgúns dos grupos de bailes do Club bailaron un par de muiñeiras e unha xota.
"Foi unha noite de San Martiño moi típica de Galicia, cun ambiente á luz das velas, con luces baixas e a gran chama na queimada. As meigas axudaron a reproducir un ambiente tenebroso dunha típica noite galega de inverno no rural", comenta a presidenta do Club Hispano, María Dolores González Bastida.
A cea estivo ambientada coa máis recente música galega dos novos artistas ao son de gaitas coa influencia celta. As orixes desta celebración tradicional no Club Hispano de Toronto foi unha iniciativa da xefa do Comité galego de San Martiño, Lilian Moreiro. Ela organizou a súa primeira edición desta festa tradicional, axudada por Raquel Conde, Maribel Miguez, Sultana e Bernardo Martín, Josefina López e José Miguel Veiras. Entre todas e todos conseguiron unha celebración de grande éxito.
Asistiron unhas duascentas persoas a maioría galegas e galegos e descendentes de galegos que non quixeron perderse esta tradición aínda que sexa 'lonxe da terriña'.
Fonte: www.grupoescomunicaciongalicia.com | Foto: www.grupoescomunicaciongalicia.com
Novas relacionadas



