Miranda destaca en Ferrol que Galicia é hoxe terra de retorno e acollida grazas á solidaridades galega, á calidade de vida e ao impulso das políticas pioneiras da Xunta
O secretario xeral da Emigración participa en Ferrol no XXVI Curso Universitario ‘Carlos Gurméndez’ onde destacou que o retorno ten un efecto arrastre que beneficia á sociedade galega, xa que en 2023 chegaron á nosa terra máis de 39.000 persoas do exterior.
Miranda subliñou a importancia dos programas que manteñen vivo o vínculo coa colectividade galega no exterior, como os Conecta, Reencontros, Obradoiros ou Escolas Abertas, que xa permitiro que máis de 50.000 galegos e descendentes redescubran a súa terra.
Miranda destaca en Ferrol que Galicia é hoxe terra de retorno e acollida grazas á solidaridades galega, á calidade de vida e ao impulso das políticas pioneiras da Xunta
Miranda destaca en Ferrol que Galicia é hoxe terra de retorno e acollida grazas á solidaridades galega, á calidade de vida e ao impulso das políticas pioneiras da Xunta
Miranda destaca en Ferrol que Galicia é hoxe terra de retorno e acollida grazas á solidaridades galega, á calidade de vida e ao impulso das políticas pioneiras da Xunta
O secretario xeral da Emigración participou hoxe en Ferrol no XXVI Curso Universitario ‘Carlos Gurméndez’, onde salientou que Galicia vive un cambio de paradigma ao consolidarse como terra de retorno e acollida, grazas á solidariedade que caracteriza ao pobo galego e ás políticas impulsadas pola Xunta. Na súa intervención, destacou que Galicia rexistrou en 2023 un récord de 8.500 galegos retornados, superando todas as expectativas marcadas na Estratexia Galicia Retorna.
Durante o acto, o secretario subliñou a importancia dos programas que manteñen vivo o vínculo coa colectividade galega no exterior, como os Conecta, Reencontros, Escolas Abertas ou Obradoiros, que permiten que milleiros de galegos e descendentes redescubran a súa terra e reforcen os seus lazos coa cultura galega. “Estes programas son pontes que garanten que Galicia siga presente no corazón dos nosos emigrantes xeración tras xeración”, indicou. Programas de los que xa se beneficiaron máis de 50.000 persoas.
Na súa intervención, tamén explicou que o retorno ten un efecto arrastre que beneficia á sociedade galega, xa que en 2023 chegaron á nosa terra máis de 39.000 persoas do exterior, incluíndo familiares e persoas de distintas nacionalidades que ven en Galicia un lugar de oportunidades. Salientou que Galicia recibe milleiros de migrantes de países como Venezuela, Colombia, Brasil, Portugal, Cuba, Marrocos ou Arxentina ofrecendo atención e programas de integración que reforzan a súa condición de terra acolledora e diversa.
Finalmente, o secretario xeral insistiu na necesidade de que o Goberno central asuma o retorno como unha política de Estado, tal e como recollen a Constitución e o Estatuto de Autonomía, reclamando máis recursos e competencias para axilizar permisos e mellorar a integración. “Só así poderemos garantir un futuro demográfico, social e económico sostible para Galicia”, concluíu.
Novas relacionadas



