A Semana do Achegamento aborda unha mostra sobre o exilio galego en Venezuela

O programa inclúe unha festa intercultural, documentais e coloquios.

O exilio galego en Venezuela, esa é a exposición que presenta Pontevedra.

Listen to this page using ReadSpeaker
29 de setembro de 2009.

Trátase dunha mostra fotográfica con obras do ferrolán Xurxo Martínez Crespo, que percorre a vida de diferentes figuras galegas que se exiliaron no devandito país. Editada pola Asociación Galega de Emigrantes Retornados, AGER e a Fundación para o Estudo e la Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galicia, Fesga, a mostra estará aberta no Café Moderno de Caixa Galicia, no segundo andar, ata o vindeiro luns, día 28. 

Máis información
O programa da Semana de Achegamento de AGER continuará mañá, mércores, cunha mesa redonda, na Galería Sargadelos, sobre Os inmigrantes en Pontevedra. Ao seguinte día, no Teatro Principal, proxectarase o documental Exilios: Lorenzo Varela. E rematará o vindeiro venres, cunha festa intercultural na praza de Mugartegui, na que non faltarán degustacións gastronómicas de distintos países e actuacións musicais, como a do grupo de percusión Deggo de Senegal, ou a comparsa uruguaia Urumundo, ademais do cantante Leo Rodrigues, de Brasil, ou o grupo de breaking dance, Slava Brother.

Como subliñou Xurxo Martínez Crespo, vicepresidente de AGER e presidente da Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados, a Semana trata de achegar a realidade cultural de distintos pobos. AGER defínese tamén como «unha entidade difusora do legado da nosa emigración económica ou política, principalmente en latinoamérica, e do que é o respecto e a sensibilidade hacia os inmigrantes aquí».

2242 lecturas