A Secretaría Xeral da Emigración incrementa o número de axudas económicas individuais a emigrantes.
En 2010 concedéronse 7.208 prestacións a galegos e galegas residentes no exterior fronte ás 5.046 do ano 2007.
As partidas destinadas a este programa sufriron leves incrementos pese ás restricións orzamentarios da Administración autonómica motivadas pola crise.
A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia incrementa o número de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior con respecto aos anos previos á crise económica. Así, este ano, a Administración autonómica concedeu 7.028 prestacións a emigrantes en situación de dificultade, fronte ás 5.046 otorgadas en 2007 e as 6.249 do ano 2008.
Este incremento está relacionado cun aumento do número de solicitudes rexistrado no mesmo período como consecuencia das situacións de dificultade económica que están a pasar a meirande parte dos países iberoamericanos, sendo en particular as capas máis desfavorecidas das comunidades emigrantes galegas as que máis sofren. Neste aspecto sublíñase a situación dos galegos de Cuba, país con severas dificultades, no que se presentaron o 80% das solicitudes deste programa.
As partidas destinadas polo Goberno autonómico para esta fin nas últimas convocatorias oscilaron entre o mantemento e os leves incrementos, a pesar das restricións orzamentarias da Administración autonómica impostas pola crise.
| ORZAMENTO DAS CONVOCATORIAS 2008– 2009 - 2010 | |
|---|---|
| ANO 2008 | 2.300.000,00 € |
| ANO 2009 | 2.350.000,00 € |
| ANO 2010 | 2.350.000,00 € |
As axudas económicas individuais directas de carácter social están dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, residentes no extranxeiro que se atopen en situación de precariedade económica, e pretenden cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria. Son beneficiarios da axuda os emigrantes galegos residentes no exterior e os seus descendentes que posúan a condición de galego segundo o establecido no Estatuto de autonomía de Galicia.
Novas relacionadas



