A Secretaría Xeral da Emigración contará cun orzamento propio de 19,5M€ que chegarán ata os 27 grazas a programas específicos para fomentar o emprego entre as e os retornados
A Secretaria Xeral da Emigración aumentará o seu orzamento para 2023 apostando polo apoio aos galegos e galegas do exterior e potenciando o retorno, chegando así ata os 19,5M€ propios aos que se deben sumar os 7,5M€ que a Consellería de Emprego ten consignados para o próximo ano de cara a poñer en marcha novos programas específicos de formación, incentivos á contratación e fomento do emprendemento por parte das e dos emigrantes retornados. Deste xeito, os orzamentos deste departamento elevaranse ata os 27 millóns de euros.
O orzamento da Secretaría Xeral da Emigración crece así tanto no apoio aos programas específicos deste organismo como ás actuacións en materia de emigración e retorno. A xestión deste departamento autonómico ten como obxecto as actuacións de apoio ás cidadás e cidadáns galegos no exterior e ás entidades galegas asentadas fóra da nosa comunidade autónoma, co fin de fomentar a súa participación na vida social, cultural e económica de Galicia e contribuír á mellora do seu benestar e calidade de vida. Ademais, desenvolve accións encamiñadas a integración social e laboral dos galegos e galegas que deciden retornar a Galicia.
Novas relacionadas