Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
07Xuño2023Emigración apoia ao Centro Gallego de Mar del Plata con 10.000 euros destinados a manter a atención social a galegas e galegos residentes nesta localidade arxentina audio Esta axuda ten como obxectivo colaborar no funcionamento do centro de día desta entidade sen ánimo de lucro que asiste anualmente a unha quincena de galegas e galegos. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 10.000 euros para a o Centro Gallego de Mar del Plata, co obxectivo de apoiar a atención social das e dos galegos residentes nesta localidade arxentina. Na cidade de Mar del Plata reside unha... Máis información
-
06Xuño2023As entidades galegas en España celebran o Día das Letras Galegas con coloquios, concertos e exposicións sobre a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego audio Os centros galegos situados nas distintas comunidades autónomas de España desenvolveron ao longo do mes de maio diversos actos para enxalzar a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego , a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. As entidades desenvolveron diferentes coloquios, concertos, conferencias, exposicións e charlas relativas á figura do homenaxeado este ano. Deste xeito, o Centro Gallego de Santander ofreceu... Máis información
-
05Xuño2023Emigración publica a relación de persoas propostas do programa Escolas Abertas que se desenvolverá en Santiago de Compostela o próximo mes de xullo audio Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega e confección de traxes tradicionais. En total, participarán membros de 56 entidades galegas do exterior, 44 de América e outras 12 de Europa e España. A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a relación de persoas propostas para participar no programa de Escolas Abertas na súa edición do... Máis información
-
04Xuño2023A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en A Coruña informa sobre a tramitación da documentación para a atención sanitaria audio A Secretaría Xeral da Emigración remata a súas achegas sobre o labor da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en A Coruña, explicando o seu labor para aportar información e asesorar aos galegos e galegas do exterior que acaban de retornar ou que estean pensando en facelo. Grazas á colaboración do programa Lembrando a Galicia da TVG, dende a Oficina de Retorno da Coruña apórtase, neste caso, a información relativa á... Máis información
-
03Xuño2023Emigración destina 15.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para a atención de necesidades asistenciais básicas dos galegos e galegas audio Esta axuda, que aumenta este ano en 3.000 euros, ten como obxectivo contribuír ao financiamento para a asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun convenio de colaboración, 15.000 euros, 3.000 máis que o pasado ano, para a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo de cara a axudar na atención das necesidades básicas aos galegos e galegas residentes nesta... Máis información
-
02Xuño2023Rueda indica que a nova Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo recollerá os novos riscos que é necesario afrontar e previr no mercado laboral audio Indica que o Plan do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia conta este ano con 7,5 M€ para formar a máis de 4.000 persoas e levar a cabo actuacións de asesoramento e sensibilización. O Goberno galego traballa no obxectivo de previr os accidentes laborais ao máximo, reducilos ao mínimo e levar a cero a mortalidade. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que a nova Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo recollerá... Máis información
-
01Xuño2023O filme ‘Código Emperador’ e o documental sobre María Casares centran as proxeccións de xuño dos centros galegos que participan no Ciclo Mestre Mateo audio Os centros galegos de España, Europa e América que participan no Ciclo Mestre Mateo de 2023 proxectarán, ao longo deste mes de xuño, a película Código Emperador e o documental María Casares, a muller que viviu mil vidas, grazas á colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual. Esta iniciativa permite achegar o cine feito en Galicia, e en concreto, os finalistas dos premios Mestre Mateo 2023, aos... Máis información
-
31Maio2023Emigración mantén a súa colaboración coas entidades galegas de Venezuela para o mantemento das súas oficinas sociais audio Esta axuda ten como obxectivo contribuír a achegar información e asistencia aos galegos e galegas residentes neste país sobre os programas e liñas de axudas da Xunta de Galicia. A Secretaría Xeral da Emigración ratificou a súa colaboración coas entidades galegas de Venezuela para o mantemento das súas oficinas sociais de asesoramento aos galegos e galegas residentes neste país caribeño, de cara a continuar a aportar os datos necesarios a quen... Máis información
-
30Maio2023A delegada da Xunta no Uruguai asistiu á ultima actividade polo Día das Letras Galegas, da man do Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á clausura dos actos polo Día das Letras Galegas que, neste caso, correspondeu ao Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega de Montevideo. Neste encontro proxectouse un vídeo relativo á figura do homenaxeado deste ano, Francisco Fernández del Riego, así como se puido desfrutar da actuación do coro e do corpo de baile desta entidade, con coreografías aprendidas nas Escolas Abertas, e... Máis información
-
30Maio2023O delegado da Xunta na Arxentina felicita á Asociación Unión Residentes del Ayuntamiento de Carbia (hoy Vila de Cruces) polos seus 87 anos de traballo en prol da colectividade en Bos Aires audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu aos actos de celebración do 87º aniversario da Asociación Unión Residentes del Ayuntamiento de Carbia (hoy Vila de Cruces) en Bos Aires, agradecéndolle a esta entidade todo o labor desenvolvido ao longo destes anos en prol da colectividade galega na capital arxentina, e, en especial da nosa cultura e, por suposto, da nosa lingua. Durante o acto, que tivo lugar no salón do... Máis información
Páxinas |