Santiago Camba, de viaxe institucional en Cuba, xuntarase cos coordinadores provinciais e visitará 49 sociedades galegas

5.643 emigrados e descendentes de galegos na Illa recibiron prestacións económicas directas- un 52,8% máis que no 2008.

Supervisou o programa de axuda das javas da Secretaría Xeral da Emigración polo que uns 700 emigrados galegos en Cuba veranse beneficiados de javas ou bolsas de produtos de primeira necesidade.

Afirmou na conmemoración do 102º aniversario do himno galego no Centro Galego de La Habana que “máis alá de tendencias, opinións e xeracións, nosa voz se pregoa con este canto patrio que é obra da emigración”.

Camba destacou a “singular traxectoria histórica e o interese das comunidades de manter vínculos actuais de unión e solidariedade entre os galegos”.

Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, visita estes días á colectividade en La Habana na República de Cuba, onde residen actualmente 14.157 galegos- segundo datos do CERA a 1 de outubro de 2009-.

O programa de Santiago Camba en Cuba iniciouse cunha visita ao Centro Galego de La Habana. Ao longo da súa estadía o secretario xeral terá ocasión de encontrarse coas xuntas directivas de 49 sociedades galegas, así como de xuntarse cos coordinadores provinciais que colaboran na illa caribeña con moitos dos programas de atención social levados a cabo pola Xunta de Galicia; como é o caso das axudas económicas individuais, polas que 5.643 emigrados galegos recibiron prestacións económicas directas- un 52,8% máis que no 2008-.

O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, no transcurso da celebración do 102 aniversario do Himno Galego en La Habana

Acerca das entidades visitadas Camba destacou a “súa singular traxectoria histórica e Conmemoración do 102º aniversario do hino galego O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia afirmou na conmemoración do 102º aniversario do hino galego no Centro Galego de La Habana que “máis alá de tendencias, opinións e xeracións, nosa voz se pregoa con este canto patrio que é obra da emigración”. “Hoxe conmemoramos tempos ilustres da historia daquela Galicia que rexurdiu e se criou en Cuba baixo un estado de ánimo consustancial ao feito migratorio”, contuinuou; afirmando que o himno galego foi “sen dúbida, un antídoto á desmemoria e ás insalvables distancias”. o interese desas comunidades de manter vínculos actuais de unión e solidariedade entre os galegos e os seus descendentes e á súa contribución ó mantemento da presenza de Galicia no país”.

Santiago Camba, xunto ao xerente da Fundación Galicia Emigración, Xosé Manuel Castelao Bragaña, na sociedade Naturais de Ortigueira

Así mesmo, durante a súa primeira xornada na illa o responsable de Emigración e mailo xerente da Fundación Galicia Emigración, Xosé Manuel Castelao Bragaña, supervisaron na sociedade artística cultural Rosalía de Castro o programa de axuda das javas da Secretaría Xeral da Emigración, grazas ás que neste 2009 uns 700 emigrados galegos en Cuba- na maioría dos casos de avanzada idade- veranse beneficiados de javas ou bolsas de produtos de primeira necesidade.

Conmemoración do 102º aniversario do himno galego
O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia afirmou na conmemoración do 102º aniversario do hino galego no Centro Galego de La Habana que “máis alá de tendencias, opinións e xeracións, nosa voz se pregoa con este canto patrio que é obra da emigración”. “Hoxe conmemoramos tempos ilustres da historia daquela Galicia que rexurdiu e se criou en Cuba baixo un estado de ánimo consustancial ao feito migratorio”, contuinuou; afirmando que o himno galego foi “sen dúbida, un antídoto á desmemoria e ás insalvables distancias”.

1621 lecturas