Salamanca, As Palmas e Vitoria proxectan o filme de animación ‘Valentina’ para os galegos e galegas do exterior

  • Imaxe da proxección de 'Valentina' no Centro Gallego en Álava
    Imaxe da proxección de 'Valentina' no Centro Gallego en Álava
  • Imaxe da proxección de 'Valentina' na Casa de Galicia en Las Palmas
    Imaxe da proxección de 'Valentina' na Casa de Galicia en Las Palmas
  • Imaxe da proxección de 'Valentina' no Centro Gallego de Salamanca
    Imaxe da proxección de 'Valentina' no Centro Gallego de Salamanca
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2023.

Os centros galegos de España que participan no Ciclo Mestre Mateo de 2023 puideron xa gozar da proxección da película de animación Valentina. Trátase do primeiro dos oito filmes que se poderán ver en oito centros galegos do exterior durante os próximos meses, grazas á colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual.  

Esta iniciativa permite achegar o cine feito en Galicia, e en concreto, os finalistas dos premios Mestre Mateo aos galegos e galegas do exterior a través destas entidades. As primeiras en poder facelo foron o Centro Gallego de Álava, a Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria, o Centro Galego de Lisboa e o Centro Gallego de Salamanca.

298 lecturas