Miranda coñece da man do presidente da Fundación Nosa Terra os avances no memorial que recordará o labor dos máis de 12.000 galegos que participaron na construción da Canle de Panamá

Miranda e Gago, na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Miranda e Gago, na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe no seu despacho ao presidente da Fundación Nosa Terra de Panamá, Ricardo Gago, quen lle trasladou os avances na execución do memorial que recordará o labor dos máis de 12.000 galegos que participaron na construción da canle que permite a conexión entre o Atlántico e o Pacífico. 

A idea da construción deste memorial chegou da man da Fundación Nosa Terra e a primeira pada do monumento foi realizada en abril deste ano polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela. Nestes intres continúa a execución deste grupo escultórico, obra de Gonzalo Sánchez Mendizábal.  
 

294 lecturas