Ángeles Vázquez pon en valor o papel das entidades galegas do exterior como a mellor representación da comunidade en todo o mundo
- A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou na clausura do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, puxo en valor o papel das entidades galegas do exterior como a mellor representación da Comunidade en todo o mundo.
Durante a súa intervención no acto de clausura do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, que tivo lugar en Ourense, a vicepresidenta segunda incidiu na importancia de garantir a permanencia dos centros galegos do exterior porque son unha peza clave nos seus respectivos países e cidades de cara a “agrandar Galicia máis aló das súas fronteiras”.
Logo de incidir en que estas entidades son fundamentais e deben ser preservadas, Ángeles Vázquez, que estivo acompañada do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, avogou por avanzar cara ao futuro coa apertura de novos centros que desenvolvan tanto novas formas de difundir a nosa Comunidade no exterior como iniciativas que reforcen os lazos sociais, culturais e económicos que nos unen.
Para concluír, Ángeles Vázquez reiterou que “se o século XX foi o século de irse, o século XXI será o do retorno” para que, “grazas ao esforzo de todos”, Galicia sexa cada vez máis puxante económica e socialmente.
Novas relacionadas