Rueda destaca o gran labor das entidades galegas no exterior para promover e difundir a cultura da comunidade e atender ás necesidades da colectividade noutros países
Asegura que a Galicia exterior “palpita coa mesma forza” que a comunidade galega.
Agradece o traballo diario das e dos que se integraron plenamente nos países de destino sen esquecer as súas orixes.
A Xunta busca facilitar o retorno de ata 30.000 galegas e galegos do exterior coa Estratexia Galicia Retorna.
- O presidente visitou as instalacións da Hermandad Gallega de Venezuela e asistiu a un encontro cultural con agrupacións de diferentes centros galegos do país

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou onte o gran labor que realizan as entidades galegas no exterior tanto para promover e difundir a lingua e cultura propia da comunidade como para atender ás necesidades da colectividade galega noutros países. “Nestes centros represéntase e vívese a nosa terra. A Galicia exterior palpita, como mínimo, coa mesma forza que a Galicia da que todos saímos e á que todos nos debemos”, sinalou.
Rueda iniciou unha xornada “especial e emotiva” centrada na colectividade galega cunha visita ás instalacións da Hermandad Gallega de Venezuela que apoia aos galegos e galegas en Caracas desde hai máis de 60 anos. Rueda visitou o Colexio Castelao, que se creou na década dos anos sesenta para ofrecer unha educación de calidade aos fillos e fillas das e dos galegos que emigraban a Caracas e que continúa a ser fundamental para promover a lingua e cultura galegas entre os máis de 400 alumnas e alumnos matriculados no centro, dos que a metade son descendentes de galegas e galegos.
Ademais, percorreu as instalacións do centro de día Santiago Apóstol, no que máis de 40 maiores reciben a atención sociosanitaria que precisan e a Oficina de benestar e asuntos sociais nos que a Hermandad informa e asesora sobre todas as axudas e programas que ten en marcha a Xunta para as e os galegos no exterior.
Por outra banda, xa pola noite, Rueda asistiu a un acto cultural no que participaron membros de diferentes agrupacións dos centros galegos en Venezuela e que culminou cun concerto da gaiteira galega Susana Seivane. O presidente agradeceu o papel que teñen estas entidades para difundir “o amor” pola música, a cultura e a lingua galega a persoas de diferentes xeracións desde hai décadas.
Resaltou ademais que os centros de galegos no exterior son “unha parte de Galicia, nos que te sentes como alí” e agradeceu a todas e todos os que traballan nestas entidades a súa capacidade para integrarse plenamente no país de destino sen esquecer as súas orixes.
Estratexia Galicia Retorna
Durante a súa primeira visita como presidente da Xunta a Venezuela, Rueda tamén participou nunha charla sobre a Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, a folla de ruta coa que o Goberno autonómico busca facilitar o retorno á comunidade de ata 30.000 galegas e galegos no exterior nos vindeiros catro anos. A Estratexia conta con ata un centenar de medidas para apoiar ás e aos que desexan volver á súa terra.
A Estratexia mantén algunhas iniciativas como as bolsas BEME -dirixidas a que galegas e galegos no exterior poidan estudar un mestrado nalgunha das universidades da comunidade-, as axudas para facer fronte aos gastos iniciais do traslado a Galicia ou a liña de achegas para incentivar o emprendemento entre as galegas e galegos retornados. Pero, ademais inclúe novas medidas como o programa Retorna Cualifica Emprego polo que a Xunta vai impulsar a contratación de ata 400 galegas e galegos no exterior en sectores nos que hai vacantes que non se cobren cos e coas residentes en Galicia.
- Audio: Declaracións do presidente da Xunta de Galicia | Descargar
Novas relacionadas