Rueda destaca o papel fundamental do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires como garante da identidade galega na Arxentina
O presidente da Xunta asiste á inauguración do curso académico no centro bonarense.
Agradece o labor de difusión da historia, cultura e lingua galega a diferentes xeracións desde hai máis de 25 anos.
Asegura que este centro é un bo exemplo de que “Galicia se vive con moitísima potencia a miles de quilómetros”.
Pide aos estudantes que nunca esquezan “as súas raíces” e que manteñan “ese tesouro” que é a lingua galega.
A Xunta apoia con varios programas de bolsas que os galegos do exterior amplíen a súa formación en Galicia.
Rueda destaca o papel fundamental do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires como garante da identidade galega na Arxentina
Rueda destaca o papel fundamental do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires como garante da identidade galega na Arxentina
Rueda destaca o papel fundamental do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires como garante da identidade galega na Arxentina
Rueda destaca o papel fundamental do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires como garante da identidade galega na Arxentina
Rueda destaca o papel fundamental do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires como garante da identidade galega na Arxentina
Rueda destaca o papel fundamental do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires como garante da identidade galega na Arxentina
Rueda destaca o papel fundamental do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires como garante da identidade galega na Arxentina
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o papel fundamental do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires como garante da identidade galega na Arxentina ao difundir a cultura e lingua autóctonas entre as novas xeracións doutro lado do Atlántico.
Durante a apertura do curso escolar neste centro, na que estivo acompañado do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, o presidente salientou que o Santiago Apóstolo é uno bo exemplo de que “Galicia se vive con moitísima potencia a miles de quilómetros” xa que o medio millar de alumnos alí matriculados non só estudan as materias habituais no currículo escolar do país senón que reciben formación na historia, cultura e lingua galega, o que lles permite manter os lazos coa terra dos seus familiares.
Rueda agradeceu ao persoal deste colexio -que leva aberto máis de 25 anos e foi recoñecido no 2005 coa Medalla de Galicia- o seu compromiso constante a favor da difusión cultural e educativa entre diferentes xeracións de galegos e pediu aos estudantes que manteñan sempre “as súas raíces”, conserven “ese tesouro que é a lingua galega” e non esquecen aos seus antepasados que emigraron na busca dunha “vida mellor, pero nunca esqueceron a súa terra”.
Na súa intervención, o presidente lembrou aos alumnos que teñen as portas abertas de Galicia para ampliar a súa formación a través de programas de intercambios, bolsas para estudar un ciclo de Formación Profesional -Retorna FP- ou cun programa especial para formarse no Centro Superior de Hostalaría de Galicia. Unhas medidas que se enmarcan na Estratexia Galicia Retorna coa que a Xunta busca facilitar o regreso de 30.000 galegos do exterior ata 2026.
Ano Castelao.
Durante a súa intervención, ao carón da obra A derradeira lección do mestre de Castelao, Rueda fixo fincapé na importancia de que este novo curso escolar coincida coa conmemoración do 75 aniversario do pasamento do escritor galego polo que se celebra o Ano Castelao ao longo de todo 2025. Nesta liña lembrou que foi unha “das figuras máis importantes da cultura, a política, o pensamento e a forma de ser en Galicia”. “É un símbolo de todo Galicia”, indicou para agradecer que centros coma o Santiago Apóstolo honren a súa memoria na Arxentina.
Novas relacionadas



