Rueda tende a man aos galegos e galegas do exterior para escoitar as súas necesidades e ofrecer oportunidades como os incentivos ao retorno

Amosa o compromiso da Xunta con aquelas e aqueles que queiran beneficiarse dos incentivos para a posta en marcha de negocios ou para completar a súa formación en Galicia.

Destaca a “galeguidade” de milleiros de familias no Uruguai e o seu importante labor por manter viva a cultura e as tradicións do outro lado do Atlántico.

Durante o primeiro día da súa viaxe a Montevideo, o presidente participou nunha reunión coa Asociación Española de Socorros Mutuos para agradecer a súa colaboración á hora de ofrecer atención ás e aos españois e galegos no país.

  • O presidente da Xunta participou no 64º aniversario do Centro Pontevedrés e reuniuse coa Asociación Española de Socorros Mutuos
    O presidente da Xunta participou no 64º aniversario do Centro Pontevedrés e reuniuse coa Asociación Española de Socorros Mutuos

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (O Uruguai), 16 de outubro de 2022.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tendeu a man aos galegos e galegas do exterior para atender as súas necesidades e ofrecer oportunidades para incentivar o seu retorno.

O titular do Goberno galego participou na cea do 64º aniversario do Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo, un acto no que tamén estivo presente a vicepresidenta do Uruguay, Beatriz Argimón, e o alcalde do municipio C de Montevideo, Jorge Cabrera. Rueda gabou a “galeguidade” das máis de 40.000 persoas residentes no Uruguai e, neste sentido, valorou como “exemplo de entidade” ao Centro Pontevedrés no seu labor como sede para manter viva a cultura e as tradicións galegas do outro lado do Atlántico.

O presidente amosou o compromiso da Xunta cos galegos e galegas no exterior que queiran beneficiarse de oportunidades empresariais ou de bolsas para que poidan retornar e cursar un máster ou un ciclo de Formación Profesional en Galicia.

Entre as responsabilidades do Executivo autonómico, sinalou Alfonso Rueda, está a de “corresponder o moito que fixestes por Galicia” desde a distancia ao longo dos anos. “É o momento de abrir aínda máis as nosas portas. Non hai maior homenaxe aos galegos que fixeron a súa vida fóra que poñer á súa disposición todo o noso apoio”, concluíu. 

Benestar dos galegos e galegas no Uruguai
Logo de dúas xornadas na Arxentina nas que formou parte de encontros con representantes de sociedades galegas e institucións de América do Sur, o presidente da Xunta desprazouse ata a capital do Uruguai. 

Durante este primeiro día en Montevideo asistiu a unha reunión coa Asociación Española de Socorros Mutuos, un acto no que aproveitou para agradecer a súa colaboración e o seu papel como “institución histórica e piar do benestar dos galegos no Uruguai”.

De xeito especial, Rueda referiuse ao acordo que alcanzou esta sociedade co Hogar Español para facerse cargo da xestión da institución. Deste xeito, a Asociación Española de Socorros Mutuos encárgase de “prestar uns coidados especializados vitais aos maiores aquí residentes, moitos deles galegos”.

  • Audio - Declaracións do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda | Descargar
257 lecturas