Rueda destaca que a viaxe a Brasil permitiu potenciar as relacións comerciais e reforzar os lazos coa colectividade galega

Subliña as reunións mantidas con empresas e institucións brasileiras e galegas para intensificar a presenza de compañías da comunidade no país suramericano.

Traslada a posibles investidores que Galicia é “unha magnífica porta de entrada” ao mercado europeo.

Salienta a gran fortaleza da colectividade galega no exterior logo de reunirse con varias entidades e coñecer en persoa os servizos e actividades que ofrecen aos galegos e os seus descendentes.

Apunta que a través da Estratexia Retorna “esta Galicia moderna e potente” ábrese a todos eles “para que fagan unha nova vida”.

  • Rueda destaca que a viaxe a Brasil permitiu potenciar as relacións comerciais e reforzar os lazos coa colectividade galega

Listen to this page using ReadSpeaker
São Paulo (Brasil), 24 de novembro de 2024.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, amosou hoxe a súa satisfacción tras a viaxe por Brasil que permitiu tender novas pontes comerciais de colaboración e estreitar lazos coa colectividade galega que reside no país.

No eido institucional, Rueda, que estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou as xuntanzas mantidas con empresas e institucións brasileiras e galegas. Durante a viaxe, puido reunirse coa Federación de Industrias do Estado de São Paulo, a empresa Russula Gerdau e a Associaçao Brasileira de Empresarios Galegos (Abegal) en Río de Janeiro.

Estes encontros serviron para contribuír a intensificar a presenza de empresas da comunidade en territorio brasileiro, axudando ás que queiran posicionarse nun mercado con máis de “200 millóns de potenciais consumidores”.

Do mesmo xeito, tal e como sinalou o presidente, a viaxe permitiu trasladar a posibles investidores as vantaxes que ofrece Galicia, subliñando que as empresas brasileiras que queiran vender os seus produtos en Europa teñen en Galicia “unha magnífica porta de entrada”.

Acompañar e recoñecer o traballo das comunidades galegas no exterior

Ademais, o presidente do Goberno galego resaltou a importancia desta viaxe para comprobar a fortaleza das comunidades galegas no exterior a través dos centros e entidades de galegos que hai por todo Brasil e nos que queda patente que a colectividade mantén “un contacto moi directo” coa súa terra natal.

O presidente, logo de coñecer en persoa os servizos e actividades que ofrecen aos galegos e os seus descendentes, enxalzou o labor de entidades como a Casa de Espanha de Río de Xaneiro, o Centro Español de Santos ou a Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos, sendo a visita a esta última a que marcou onte a fin da viaxe de Alfonso Rueda polo país suramericano.

Así, ao longo destes días en Brasil, o responsable do Executivo autonómico amosou o compromiso do Goberno galego en apoiar a colectividade no exterior –cabe destacar que en Brasil residen uns 50.000 galegos, o que o converte no segundo país do mundo con maior poboación orixinaria da nosa comunidade– e expresoulles en todos os encontros o desexo da Administración autonómica de facilitar o retorno de aqueles que o desexen.

Neste sentido, incidiu en que, a través da Estratexia Retorna, “esta Galicia moderna e potente” ábrese a todos eles, especialmente á xente nova, “para que volvan á terra de onde saíron os seus antepasados e fagan unha nova vida” sen esquecer o lugar onde naceron, neste caso Brasil.

324 lecturas