Román Rodríguez respalda a difusión do libro galego na Feira Internacional de Bos Aires

O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse co director da Fundación El Libro, entidade organizadora do evento, Oche Califa.

  • O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse co director da Fundación El Libro, entidade organizadora do evento, Oche Califa
    O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse co director da Fundación El Libro, entidade organizadora do evento, Oche Califa
  • O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse co director da Fundación El Libro, entidade organizadora do evento, Oche Califa
    O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse co director da Fundación El Libro, entidade organizadora do evento, Oche Califa
  • O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse co director da Fundación El Libro, entidade organizadora do evento, Oche Califa
    O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse co director da Fundación El Libro, entidade organizadora do evento, Oche Califa
  • O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse co director da Fundación El Libro, entidade organizadora do evento, Oche Califa
    O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse co director da Fundación El Libro, entidade organizadora do evento, Oche Califa
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 7 de maio de 2017.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou hoxe o expositor de Galicia na 43ª edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires, un espazo no que cinco autoras e autores galegos presentarán as novidades editoriais da nosa terra no marco dun dos principais eventos iberoamericanos destas características. Tras o encontro no expositor, o conselleiro reuniuse co director da Fundación O Libro, entidade organizadora da feira, Oche Califa.

Durante a súa conversa con Califa, Román Rodríguez reiteroulle o agradecemento pola atención prestada á delegación galega na anterior edición, na que Santiago de Compostela foi cidade convidada de honor deste evento, papel que nesta edición ocupa a cidade americana de Los Ángeles. Ambos coincidiron na estreita relación que desde hai décadas manteñen as culturas galega e arxentina, o que fai que este evento sexa unha oportunidade para os autores e autoras e o sector editorial das dúas partes. De feito, cunha superficie de máis de 45.000 metros cadrados, esta cita co libro recibe a visita de máis dun millón de lectores e lectoras, e de máis de 12.000 profesionais do libro durante as súas case tres semanas de duración.

Deste xeito, ambos desexaron os mellores froitos das relacións que se establezan na 43ª edición da feira, de tal forma que esta cita redunde nun impulso para o sector do libro, fundamental nas industrias culturais galegas.

Programación galega
O sector editorial galego participa, co apoio da Xunta de Galicia, na nova edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires, que se celebra na capital porteña ata o próximo 15 de maio. Ademais de no expositor de Galicia, a literatura galega tamén terá protagonismo na capital porteña a través do programa de actividades que se desenvolve estes días na feira, no que participarán desde este domingo día 7 e ao longo da semana que vén as e os escritores Antón Riveiro Coello, Inma López Silva, Andrea Maceiras e Luís G. Tosar, xunto co booktuber Sebastián G. Mouret.

Galicia conta desde a primeira edición cun espazo nesta feira, promovido desde hai anos pola Goberno galego, que pon ao dispor das editoriais e DAS E dos escritores un expositor para a difusión do libro e da literatura galega, así como para a realización de diversas actividades.

A axenda dos autores e autoras
Nun total de 12 actividades, que inclúen charlas, mesas redondas e presentacións de libros, as autoras e autores galegos darán a coñecer a súa obra e abordarán diversos temas de actualidade sobre os libros e a lectura. Precisamente, o expositor de Galicia será o escenario da primeira das iniciativas das autoras e autores galegos na feira, que manterán un encontro co público o domingo ás 18:00 h. (hora local). Ao día seguinte, o luns 8 de maio, Inma López Silva e Antón Riveiro Coello propiciarán un diálogo sobre "O porqué da escritura", ao que seguirá, o martes 9, a charla "Novos escritores, novos lectores", con Sebastián García Mouret e Andrea Maceiras. Ese mesmo día, Riveiro Coello falará sobre "A construción da memoria".

Todos os autores e autoras galegos desprazados a Bos Aires participarán o mércores na mesa redonda "Escribir en Galicia hoxe e mañá". Nesa xornada, ademais, o booktuber Sebastián G. Mouret ofrecerá unha charla sobre as novas formas de lectura, en relación con internet, mentres que o xoves 11 de maio manterá un diálogo co público acerca da como a rede contribúe a promover a cultura.

Tamén o xoves, Inma López Silva e Antón Riveiro presentarán as súas obras Aqueles días en que eramos malas e Laura no deserto, respectivamente. A xornada completarase coa conferencia de Luís G. Tosar e o académico arxentino Antonio Requeni Xavier Bóveda, a aventura dun poeta galego ultraísta en Bos Aires, moderada polo presidente da Academia Arxentina de Letras, José Luis Moure.

De cara a fin de semana próxima, a programación da feira contará, o venres 12, con varias presentacións de obras galegas. A primeira delas, Europa Express, de Andrea Maceiras, á que seguirá a presentación do libro Maternosofía, de Inma López Silva, que estará acompañada polo director xeral de Galaxia, Francisco Castro. As actividades de Galicia na feira completaranse o sábado 13 coa participación de Mouret no "Encontro Booktubers".

1086 lecturas