Feijóo analiza co embaixador da República do Uruguai a posibilidade de estreitar relacións económicas con este país a través de sectores clave como o naval, as enerxías renovables e as infraestruturas

O presidente autonómico resalta a importancia do sector naval, un sector estratéxico para o país debido á necesidade de renovación da flota pesqueira e a súa situación de privilexio para abastecer as necesidades de construción naval.

O responsable do Goberno galego reuniuse onte co embaixador da República do Uruguai en España, Carlos Pita, quen acudiu ao encontro acompañado polo embaixador de España en Uruguai, Roberto Varela.

O titular da Xunta puido constatar co embaixador que Uruguai está impulsando un Plan de Desenvolvemento Estratéxico destinado á incorporación de novas fontes de enerxía renovable para 2015, tales como a eólica, a biomasa e a hidráulica.

Feijóo salienta que, nos últimos tres anos, as relacións comerciais entre Galicia e Uruguai intensificáronse de forma notable e resalta a importancia de establecer alianzas estratéxicas con países emerxentes para paliar os efectos da dificilísima situación española e para apoiar na internacionalización a recuperación da economía galega.

  • O responsable do Goberno galego reuniuse onte co embaixador da República do Uruguai en España, Carlos Pita. Foto: Ana Varela.
    O responsable do Goberno galego reuniuse onte co embaixador da República do Uruguai en España, Carlos Pita. Foto: Ana Varela.

Listen to this page using ReadSpeaker
4 de abril de 2012.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse onte co embaixador da República do Uruguai en España, Carlos Pita, para analizar a posibilidade de estreitar relacións económicas con este país a través de sectores clave como o naval, as enerxías renovables ou as infraestruturas. Ao encontro tamén asistiu o embaixador de España en Uruguai, Roberto Varela.

Alberto Núñez Feijóo e Carlos Pita destacaron as oportunidades que se poden abrir no sector naval nos próximos anos, un sector estratéxico para este país debido á necesidade de renovación das barcazas que actualmente prestan servizos de transporte. No contexto do MERCOSUR, Uruguai ten unha situación de privilexio para abastecer as necesidades de construción naval.

Neste eido, Feijóo recordou que, desde 2009, ACLUNAGA (Asociación Clúster do Naval Galego) traballa co Clúster Naval de Uruguai en materia de asesoramento, para a constitución do Clúster do Naval de Uruguai. Neste sentido, traballarase para seguir impulsando misións comerciais directas e inversas con empresas uruguaias e galegas.

En relación coas enerxías renovables, Feijóo constatou co embaixador que o Goberno da República do Uruguai está impulsando un Plan de Desenvolvemento Estratéxico destinado á incorporación de novas fontes de enerxía renovable para 2015 -tales como a eólica, a biomasa e a hidráulica-, co obxectivo de ocupar o primeiro posto en América en porcentaxe de enerxías renovables non tradicionais sobre o total xerado.

Logo de salientar que nos últimos tres anos as relacións comerciais entre Galicia e Uruguai se intensificaron de forma moi notable, producíndose un incremento das exportacións e as importacións; o presidente do Goberno galego subliñou a importancia de establecer alianzas estratéxicas con países emerxentes como Uruguai para paliar os efectos da dificilísima situación española e para apoiar na internacionalización a recuperación da economía galega.

Cun crecemento medio do 6,5% durante o período 2005-2010, o desenvolvemento económico do país nos últimos anos superou as expectativas, permitíndolle consolidar as melloras estruturais logradas despois da crise do 2002.

1158 lecturas