Encontro de traballo entre o presidente da Deputación da Coruña e o embaixador de España en Uruguai

  • Imaxe da reunión mantida entre o presidente da deputación coruñesa e o embaixador de España en Uruguai, o galego Roberto Varela.
    Imaxe da reunión mantida entre o presidente da deputación coruñesa e o embaixador de España en Uruguai, o galego Roberto Varela.
  • Imaxe da reunión mantida entre o presidente da deputación coruñesa e o embaixador de España en Uruguai, o galego Roberto Varela.
    Imaxe da reunión mantida entre o presidente da deputación coruñesa e o embaixador de España en Uruguai, o galego Roberto Varela.
Listen to this page using ReadSpeaker

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, mantivo este xoves un encontro de traballo co embaixador de España en Uruguai, Roberto Varela. Durante a reunión, o titular provincial mostrouse especialmente interesado en coñecer en profundidade a situación dos centros de emigrantes da provincia da Coruña no país, onde residen máis de 42.000 galegos e galegas.

Ademais, os dous cargos tiveron ocasión de analizar os posibles novos modelos de xestión que se barallan para que estes centros, como o Hogar Español en Montevideo, poidan seguir prestando os mesmos servizos aos galegos e galegas da diáspora, malia a crise económica.

Calvo coincidiu con Roberto Varela ao resaltar que, ante todo, a prioridade nesta xestión para os próximos anos será "garantir o benestar dos que no seu día tiveron que abandonar a súa terra para buscar un futuro, pero que continúan tendo a Galicia moi presente".

No caso concreto da Deputación da Coruña, o presidente comprometeuse a seguir apoiando "na medida que o permitan as nosas posibilidades" a actividade destes centros. Outro dos eixes primordiais da axuda provincial para os próximos anos será, en palabras do propio Calvo, "a coordinación co resto de administracións implicadas".

Esta intención quedou patente este xoves, cando o presidente provincial visitou o Hogar Español de Montevideo. Alí, Calvo garantiu que a Deputación da Coruña asinará un convenio de colaboración no que se formalice o seu apoio ao centro para gastos de mantemento e funcionamento, para "que manteñan o seu impagable labor".

Cooperación comercial
No encontro Roberto Varela e Diego Calvo tamén tiveron oportunidade de analizar e valorar o grande esforzo realizado polas empresas galegas do naval que, unidas a socios locais baixo o nome de Galicitio-Tiferey, traballan actualmente en reforzar este sector en Uruguai.

Coa viaxe que tivo lugar estes días, Calvo suma xa tres visitas oficiais aos centros de Uruguai. Durante ese tempo, o presidente da Deputación da Coruña puido coñecer de primeira man a situación que viven os centros, así como as súas necesidades, o que lle serviu para "mellorar a axuda que se lles prestará no futuro".

938 lecturas