Rodríguez Miranda recibe aos representantes da Asociación Casa Argentina en Vigo
Esta entidade cultural, fundada no ano 2008, converteuse nun referente cultural e, na actualidade, desenvolve un importante labor de acollida para a colectividade arxentina na cidade olívica.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá a Hugo Aloe e Ana Rosas, presidente e secretaria da Asociación Casa Argentina en Vigo.
Esta entidade cultural fundada no ano 2008 é, na actualidade, un referente cultural para a colectividade arxentina e, ademais, leva a cabo un importante labor de acollida a todas aquelas persoas tanto de orixe arxentina como galega que chegan ou retornan á cidade olívica.
Esta xuntanza, que servirá para manter unha estreita colaboración entre o departamento autonómico e a entidade, tamén serviu para falar da situación da Arxentina que, nestes últimos anos, está a sufrir un éxodo masivo principalmente a Galicia. Miranda aproveitou así a reunión para mostrar o seu interese por acoller e axudar en todo o posible a este país irmán que, na primeira metade do século XX, a tantos galegos e galegas acolleu.
Novas relacionadas