O delegado da Xunta en Bos Aires en funcións asiste á entrega das distincións ‘A Barca de Sálvora’ a destacadas mulleres da colectividade galega no 2024 e lembra que o Goberno galego leva anos traballando pola promoción da igualdade

O acto tivo lugar no Centro Gallego de Avellaneda ante preto de 150 persoas.

A Xunta de Galicia  puxo nos últimos tempos en marcha medidas pioneiras para protexer os dereitos das mulleres, das nenas e dos colectivos LGBTI.

  • Imaxe do acto celebrado no Centro Gallego de Avellaneda
    Imaxe do acto celebrado no Centro Gallego de Avellaneda
  • Imaxe do acto celebrado no Centro Gallego de Avellaneda
    Imaxe do acto celebrado no Centro Gallego de Avellaneda
  • Imaxe do acto celebrado no Centro Gallego de Avellaneda
    Imaxe do acto celebrado no Centro Gallego de Avellaneda
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 12 de marzo de 2024.

O Centro Gallego de Avellaneda concedeu esta pasada fin de semana as distincións ‘A Barca de Sálvora’, coas que a institución recoñeceu a destacadas mulleres polo seu aporte e contribución á colectividade galega.  O acto, ao que asistiron preto de 150 persoas, contou coa presenza do delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires en funcións, Alejandro López Dobarro, e numerosas e numerosos presidentes e directivos dalgunhas das entidades máis importantes da colectividade. O delegado lembrou que a Xunta leva anos traballando pola promoción da igualdade e que nos últimos tempos puxo en marcha medidas pioneiras para protexer os dereitos das mulleres, das nenas e dos colectivos LGBTI. 

Galicia é unha comunidade comprometida coa construción dunha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria, onde toda a cidadanía teña cabida e dereito a desenvolver unha vida plena, independentemente da súa orixe, xénero e orientación sexual. Un lugar seguro, onde todas as mulleres e nenas poidan vivir en liberdade.

A distinción ‘A Barca de Sálvora’ lembra a memoria de Cipriana, Josefa e María, máis coñecidas como ‘as heroínas de Sálvora’, por teren participado no rescate de decenas de náufragas e náufragos do buque Santa Isabel que afundiu preto das costas de Ribeira en 1921

Nesta sexta edición, as mulleres recoñecidas foron: Alicia Carasa polo Centro Gallego de Avellaneda; Carmen Varela Suárez pola Asociación Civil Fillos do Porto do Son e Graciela Liliana García pola Sociedad Parroquial de Vedra.

Unha edición que contou coa conselleira de Política Social, Fabiola García, como madriña do evento.

227 lecturas