Rodríguez Miranda destaca no programa Bos Días da TVG os excelentes datos de chegada de cidadás e cidadáns do exterior no primeiro semestre de 2022 que permitiron a Galicia gañar poboación

Imaxe desta mañá no 'Bos Días' da Televisión de Galicia
Imaxe desta mañá no "Bos Días" da Televisión de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou no programa Bos Días da TVG os excelentes datos de chegada de cidadás e cidadáns do exterior no primeiro semestre de 2022 que permitiron a Galicia gañar poboación grazas a un saldo migratorio positivo de 12.768 persoas. 

Rodríguez Miranda destacou que, deste xeito, logrouse reverter durante os primeiros meses de 2022 o saldo vexetativo negativo da comunidade. Deste xeito, Galicia gañou poboación en 1.995 persoas. Seguimos a ser a sexta comunidade autónoma con maior pulo de atracción do exterior e a quinta en atracción de poboación entre comunidades autónomas. 

  • Entrevista ao secretario xeral da Emigración na TVG | Acceder
418 lecturas