O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho de Santiago a diversos representantes da colectividade
Na imaxe, Miranda con Ricardo Santos, membro do Centro Gallego de Maracaibo
Na imaxe, Miranda con José Luis González presidente do Centro Gallego de Murcia
Miranda e, á súa esquerda, Susana Rodríguez, presidenta do Centro Gallego de Bahía Blanca
Na imaxe, Miranda e Juan Francisco Cerezo, divulgador do Camiño de Santiago
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2014.
O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu estes días no seu despacho de Santiago de Compostela a diversos representantes da colectividade galega no exterior. O luns entrevistouse con Ricardo Santos, do Centro Gallego de Maracaibo; José Luis González López, presidente do Centro Gallego de Murcia; e Susana Rodríguez Garabán, presidenta do Centro Gallego de Bahía Blanca. Xa o martes, recibiu a Juan Francisco Cerezo, gran coñecedor e divulgador do Camiño de Santiago.
Novas relacionadas



