Realizan o «Camiño de Santiago en Bos Aires» para celebrar o Día de Galicia.

Un cento de camiñantes, entre membros e directivos dos centros galegos e veciños da cidade participaron da peregrinación.

Listen to this page using ReadSpeaker
27 de xullo de 2010.

Para celebrar o Día de Galicia, os emigrantes e descendentes de galegos que viven no Arxentina participaron o pasado domingo 25 de xullo no «Camiño de Santiago en Bos Aires». Para o delegado do Executivo galego no país sudamericano, Alejandro López Dobarro, a iniciativa foi «a mellor homenaxe que se podería facer a Galicia dende 10 mil quilómetros de distancia».

Un cento de camiñantes, entre membros e directivos dos centros galegos e veciños da cidade participaron da peregrinación, acompañados por músicos que levaban traxes tradicionais galegos.

A ruta empezou no tradicional barrio de Boca, fixo un percorrido polos principais puntos da cidade e rematou no Paseo do Inmigrante Galego, preto da parroquia Santiago Apóstolo, no barrio de Núñez. A iniciativa, que se realiza dende hai uns anos en Arxentina ten a colaboración da Xunta de Galicia e do Goberno da cidade autonómica de Bos Aires.

Noutros puntos de Arxentina, como na capital da provincia de Mendoza, tamén se realizaron celebracións en homenaxe ao Apóstolo Santiago e polo Día de Galicia.

1527 lecturas