Homenaxes ao centenario do poeta Miguel Hernández no Centro Español de Miami

Entre o 7 e 10 de setembro haberá actividades que inclúen cine, música e literatura.

Listen to this page using ReadSpeaker

O Centro Cultural Español de Miami preparou unha programación que inclúe cine, música e literatura para celebrar o centenario de nacemento do poeta Miguel Hernández. Os actos terán lugar entre os días 7 e 10 de setembro. As actividades están coordinadas pola escritora cubana Maricel Mayor Marsán.

O día 7 presentarase a película Vento do Pobo, protagonizada por Liberto Rabal, Silvia Abascal e Eusebio Poncela, entre outros, e dirixida por José Ramón Larraz. A obra, realizada no 2002, conta a vida do literato.

O dúo Carlos e Marta presentarán o día 8 o espectáculo "El rayo que non cesa". Trátase dun conxunto de poemas de Hernández adaptados ás raíces da música tradicional cubana. O 9 de setembro, no Centro Español de Miami, realizarase unha charla sobre a vida e a obra do poeta coa presenza do asesor literario da fundación cultural Miguel Hernández de Orihuela, Aitor L. Larrabide; do director da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de León, José María Balcells; e do director da fundación, Juan José Sánchez Balaguer.

Para finalizar os actos, o 10 de setembro presentarase o libro de Maricel Mayor, Homenaxe a Miguel Hernández no seu centenario. Participaron na obra máis de 50 artistas norteamericanos que abranguen dende poemas ou textos en prosa ata manifestacións gráficas como pintura ou fotografía.

1868 lecturas