«Peregrinos» estrease na Habana e acerca ás dúas peregrinacións máis importantes de Galicia e Cuba

O film, de Ernesto Daranas, está producido por Natasha Vázquez con fotografía de Rigoberto Senarega.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Habana acolle o estreo do documental Peregrinos de Ernesto Daranas, un director que seempre tratou dunha forma ou outra os problemas da sociedade habanera, como a prostitución, a pobreza, a ausencia dos pais, etc. Un exemplo de isto é La Vida en Rosa, donde a crítica social alcanza un tono incluso surrealista.

Este novo film, producido por Natasha Vázquez con fotografía de Rigoberto Senarega e montaxe de Pedro Suárez, foi realizado coa colaboración do Xacobeo e da Oficina Cultural da Embaixada de España en Cuba.

A obra rexistra un acercamento ás dúas peregrinacións máis importantes de Galicia e A Habana: o Camiño de Santiago e a ruta de San Lázaro. Unha historia narrada dende as vivencias dos peregrinos en ambas terras. Dúas visións de peregrinos; dous mundos que, ainda que distantes e distintos, tamén encontran a suas converxencias. O alma popular de Cuba e de Galicia confrontadas pola fe, o sacrificio e o arraigo das suas tradicións.

Curiosidade
O rodaxe de Peregrinos extendiuse durante varios anos, tanto en Galicia como en Cuba. Coa participación de recoñecidos especialistas como a investigadora Natalia Bolivar ou o escritor Suso de Toro, a película segue oa seu peregrinar hacia Santiago ao cantautor cubano Norge Batista; mentras a profesora galega Irene del Río fai a ruta de San Lázaro hacia o Rincón, na Habana.

En imaxes
1637 lecturas