Emigración difunde dende hoxe nas súas redes o documental “A memoria viva” sobre o Centro Gallego da Habana

Trátase dunha produción audiovisual do xornalista galego Pablo López, quen reconstruíu a historia deste edificio a través da memoria de varias e varios dos seus membros.

Pódese ver a través de GaliciaAberta en Facebook, Youtube e Instagram.

Imaxe do documental que se poderá visionar a partir de hoxe nas redes socias da Secretaría Xeral da Emigración
Imaxe do documental que se poderá visionar a partir de hoxe nas redes socias da Secretaría Xeral da Emigración
"A memoria viva"
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración difundeirá dende hoxe a través das súas plataformas web e redes sociais o documental A memoria viva, a través do cal se pode coñecer a historia do Centro Gallego da Habana e que foi realizado polo xornalista galego, Pablo López.

As e os interesados tamén poderán ver este documental a través da web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, xa que forma parte do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.  

O documental narra a historia deste emblemático edificio da man dalgúns das e dos seus  protagonistas: emigrantes que aínda recordan a importancia que o centro tivo para o colectivo de galegas e galegos residentes en Cuba e que forman parte da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, quen recolleu a labor do Centro Gallego da Habana despois da súa disolución.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda quixo destacar que o Centro Gallego da Habana é algo máis que unha construción, “falamos dun edificio que ten corazón. De feito, na súa fachada conta con catro grupos escultóricos que representan o que a institución lles ofrecía aos galegos que chegaban a Cuba: educación, atención social e cultural, tanto na música como no teatro. Podería dicirse que é o edificio máis bonito co que conta a galeguidade no mundo, e as súas paredes gardan importantes e emocionantes historias”.

Este documental póderase ver a través de GaliciaAberta en Facebook, YouTube e Instagram

En imaxes
640 lecturas