Parten cara a Galicia as e os primeiros participantes do Conecta co Xacobeo procedentes de Uruguai e Arxentina

  • Imaxe da saída das e dos participantes procedentes do Uruguai
    Imaxe da saída das e dos participantes procedentes do Uruguai
  • Imaxe da saída das e dos participantes procedentes da Arxentina
    Imaxe da saída das e dos participantes procedentes da Arxentina
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022.

As e os beneficiarios do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración procedentes de Arxentina e Uruguai xa se atopan de camiño a Galicia para vivir, dende mañá mesmo, sábado, a experiencia do Camiño de Santiago e do Xacobeo.  Nos aeroportos de orixe foron despedidas e despedidos por responsables das delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo.

Nestes programa participan persoas vinculadas aos centros galegos para realizar o Camiño de Santiago, recuperándose este ano a  participación dos galegos e galegas de América trala pandemia. A iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura. O obxectivo é que, unha vez vivida a experiencia, as e os participantes colaboren como axentes activos na promoción e difusión Xacobeo nos lugares en que os centros teñen a súa sede.

As e os participantes percorrerán os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas durante as que se realizará un achegamento ao patrimonio cultural e natural das respectivas zonas do traxecto.

429 lecturas