Os informativos nacionais de A3 recollen, novamente, as medidas pioneiras da Xunta de Galicia para fomentar o retorno dos galegos e galegas do exterior

Antena 3 Noticias recolleu os testemuños de Ramón Castro e Lucía García, retornados a Galicia
Antena 3 Noticias recolleu os testemuños de Ramón Castro e Lucía García, retornados a Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2023.

Os informativos nacionais de Antena 3 Televisión recollen, novamente, as medidas pioneiras da Xunta para fomentar o retorno dos galegos e galegas do exterior, aportando as historias de Ramón Castro, enxeñeiro retornado da China á Estrada, que recibiu unha axuda ao Retorno Emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración e participou no programa de apoio e mentoring Merlo, e de Lucía García, unha enxeñeira que retornou tras sete anos en UK e Alemaña para realizar un máster de enxeñería ambiental a través dunha Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) e na actualidade está a traballar nunha empresa de xestión de residuos. 

Ademais, tamén se explica o traballo realizado pola Xunta dende 2018 a través da Estratexia Galicia Retorna que axudou ao regreso de ata 28.000 galegas e galegos residentes no exterior á comunidade autónoma, e da posta en marcha da nova Estratexia que contará con máis de cen medidas transversais e específicas que teñen como obxectivo traer de volta a Galicia a 30.000 galegas e galegos máis ata 2026.

  • Vídeo Antena 3 Noticias | Acceder
149 lecturas