Os documentais A foreing song e Onde máis doe centran as proxeccións de outubro dos centros galegos que participan no Ciclo Mestre Mateo

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2023.

Os documentais A Foreing Song e Onde máis doe centran a programación do mes de outubro do Ciclo Mestre Mateo de 2023 nos centros galegos que participan este ano neste programa que se desenvolve grazas a colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual.  

Esta iniciativa permite achegar o cine feito en Galicia, e en concreto, os finalistas dos premios Mestre Mateo aos galegos do exterior a través destas entidades. Neste ciclo colaboran o Centro Gallego de Álava, a Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria, o Centro Galego de Lisboa, o Centro Gallego de Salamanca, La Nacional de Manhattan, o Centro Gallego de México e Sementeira de Suíza. Ademáis, algúns centros tamén proxectarán as películas Valentina, o Corpo Aberto e Unicorn Wars.

270 lecturas