O Ciclo Mestre Mateo chega ao mes de novembro nos centros galegos do exterior cos filmes "O corpo aberto" e "Unicorn Wars" como eixes centrais

Programación do Ciclo Mestre Mateo no mes de novembro
Programación do Ciclo Mestre Mateo no mes de novembro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2023.

Os centros galegos que participan, en diversos lugares do mundo, no Ciclo Mestre Mateo de 2023, proxectarán, ao longo deste mes de novembro, as películas O Corpo Aberto e Unicorn Wars como eixes centrais desta iniciativa.    

Este ciclo permite achegar o cine feito en Galicia, e en concreto os finalistas dos premios Mestre Mateo, aos galegos e galegas do exterior a través destas entidades, grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual. Neste ciclo colaboran o Centro Gallego en Álava, a Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria, a Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, o Centro Gallego de Salamanca, La Nacional de Manhattan, o Centro Gallego de México, o Centro Gallego de Rosario e a Sociedade Galega Sementeira de Suíza.

185 lecturas