O filme ‘Código Emperador’ e o documental sobre María Casares centran as proxeccións de xuño dos centros galegos que participan no Ciclo Mestre Mateo

Proxeccións de xuño do Ciclo Mestre Mateo
Proxeccións de xuño do Ciclo Mestre Mateo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2023.

Os centros galegos de España, Europa e América que participan no Ciclo Mestre Mateo de 2023 proxectarán, ao longo deste mes de xuño, a película Código Emperador e o documental María Casares, a muller que viviu mil vidas, grazas á colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual.  

Esta iniciativa permite achegar o cine feito en Galicia, e en concreto, os finalistas dos premios Mestre Mateo 2023, aos galegos e galegas do exterior a través destas entidades. Neste ciclo colaboran o Centro Gallego de Álava, o Centro Gallego de Rosario, a Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria, o Centro Galego de Lisboa, o Centro Gallego de Salamanca, La Nacional de Manhattan, o Centro Gallego de México e a Sociedade Galega Sementeira de Suíza.

173 lecturas