Os centros galegos de Montevideo poñen punto e final ao mes de Galicia cunha xornada de actividades ás que asistiu a delegada da Xunta no Uruguai
- Os centros galegos de Montevideo poñen punto e final ao mes de Galicia cunha xornada de actividades ás que asistiu a delegada da Xunta no Uruguai

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto organizado na praza Galicia pola Federación de Instituciones Gallegas no Uruguai no que participaron os corpos de danzas de todas as entidades galegas presentes na capital deste país americano así como a banda da Armada Nacional.
Xunto a Elvira Domínguez asistiron tamén a cónsul xeral de España, María Victoria Scola, a consejera de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social de España, Isabel de Zulueta de Miguel e os presidentes dos centros galegos, e unha delegación de mestras da Escuela Galica. Durante esta celebración, interpretáronse os himnos de Galicia, España e Uruguai, e executáronse diversas danzas tradicionais e interpretáronse sons galegos populares. Posteriormente, a Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago organizou unha peregrinación ata a Catedral Metropolitana, onde o Patronato de Cultura Galega celebrou unha cerimonia relixiosa en galego. Pola súa banda, o Hogar Español, tamén celebrou este mes de Galicia ofrecendo ese mesmo día unha chocolatada aos residentes.
Novas relacionadas