A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Vigo informa sobre os servizos de información que se ofrecen aos retornados e retornadas
Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno - Vigo
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2023.
A Secretaría Xeral da Emigración continúa achegando a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno para que os galegos e galegas do exterior que acaban de retornar ou que estean pensando en facelo coñezan o seu funcionamento e as ferramentas e información que lles pode aportar.
Grazas á colaboración do programa Lembrando a Galicia da TVG, dende a Oficina de Retorno de Vigo explícase o funcionamento deste servizo, a información que se pode atopar nel e o asesoramento que se lle pode ofrecer ás e aos retornados, como a tramitación do DNI, o empadroamento ou a orientación laboral. Lembrar que esta Oficina ten sede en cinco cidades galegas: Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense.
Novas relacionadas