A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en A Coruña informa sobre a tramitación da documentación para a atención sanitaria

Neste quinto vídeo sobre as Oficinas do Retorno infórmase sobre a tramitación da asistencia sanitaria
Neste quinto vídeo sobre as Oficinas do Retorno infórmase sobre a tramitación da asistencia sanitaria
Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno - A Coruña
Listen to this page using ReadSpeaker
A Coruña, 4 de xuño de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración remata a súas achegas sobre o labor da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en A Coruña, explicando o seu labor para aportar información e asesorar aos galegos e galegas do exterior que acaban de retornar ou que estean pensando en facelo.

Grazas á colaboración do programa Lembrando a Galicia da TVG, dende a Oficina de Retorno da Coruña apórtase, neste caso, a información relativa á tramitación da documentación para a atención sanitaria e as peculiaridades para as e os cónxuxes sen nacionalidade. Lembrar que esta Oficina ten sede en cinco cidades galegas: Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense. 

194 lecturas