Emigración reitera o apoio que a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Emigrante Retornado supón para os galegos e galegas que desexan regresar

A décima das 'Pílulas do Retorno' trata sobre as Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno
A décima das "Pílulas do Retorno" trata sobre as Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno
Vídeo informativo sobre as Oficinas do retorno
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración remata a publicación das súas pílulas informativas en relación aos principais documentos que se deben obter ao chegar a Galicia cun  achegamento ata o labor que desenvolve a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Emigrante Retornado.  .

Nesta pílula lémbrase que todos as galegas e galegos do exterior que desexen retornar poden obter información en  calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno (situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Tamén poden enviar un correo electrónico a retorno.emigracion@xunta.gal.

338 lecturas