O Valedor do Pobo, agora en Twitter
A institución emprega esta rede social para estar máis preto dos cidadáns.
O Valedor do Pobo acaba de sumarse a Twitter -a través do perfil @Valedordopobo- e engádese ao crecente grupo de institucións que utilizan as redes sociais para achegarse aos cidadáns. A intención é crear un novo instrumento de comunicación, que pretende aumentar o contacto cos máis novos.
Segundo comunicou a institución, a participación en Twitter supón un punto e seguido na tarefa de contribuír a que os adolescentes coñezan os perigos da mala utilización das novas tecnoloxías. Da mesma maneira, o perfil no microblog servirá para que a mocidade poida interactuar co Valedor do Pobo en demanda de axuda.
Anteriormente á adhesión a Twitter, a institución xa iniciara sucesivas campañas de concienciación sobre o uso seguro das tecnoloxías entre os máis novos e novas por medio de anuncios televisivos e publicacións didácticas.
Novas relacionadas



