O secretario xeral da Emigración felicita ao grupo Os Náufragos Teatro polo nomeamento da súa obra “Karelu” como finalista nos Premios Florencio 2022 do Uruguai

'Karelu' representouse en xaneiro do 2022 no Espacio Teatro de Montevideo
"Karelu" representouse en xaneiro do 2022 no Espacio Teatro de Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu aos responsables do grupo Os Náufragos Teatro, aos que felicitou polo seu nomeamento como finalistas nos Premios Florencio 2022, na categoría de mellor peza estranxeira, galardón que outorga a Asociación de Críticos Teatrales del Uruguay. Na reunión estiveron presentes os representantes da compañía, Gustavo del Río Prieto e Antonio Vázquez Bernardini.

O secretario xeral da Emigración destacou a calidade das obras deste grupo teatral, o que garante que se manteña a colaboración entre ambas entidades ao longo de 2023. A obra Karelu aborda o maltrato infantil a través da historia familiar de dous irmáns. A peza puido verse en xaneiro do pasado ano no Espacio Teatro de Montevideo, contando co apoio dos Fondos Xacobeo 21-22 e co respaldo da Secretaría Xeral da Emigración.

311 lecturas