O Consello da Xunta nomea a Antonio Rodríguez Miranda como secretario xeral da Emigración

Rodríguez Miranda ocupa a titularidade da Secretaría Xeral da Emigración desde decembro de 2012. 

Imaxe do Consello da Xunta de Galicia celebrado hoxe en Santiago de Compostela
Imaxe do Consello da Xunta de Galicia celebrado hoxe en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2024.

O Consello da Xunta acordou hoxe o nomeamento de Antonio Rodríguez Miranda como secretario xeral da Emigración, dentro do organigrama da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Rodríguez Miranda confírmase así no cargo que leva ocupando desde decembro de 2012.

Natural do concello ourensán da Bola, é licenciado en Ciencias Biolóxicas, na especialidade de Zooloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais na especialidade de Seguridade e Hixiene Industrial, ademais de profesor e director de Formación. 

A súa traxectoria política comezou en 1999, cando resultou elixido concelleiro en Allariz, concello do que foi voceiro municipal do PP desde o 2001 ata o 2012 e presidente local. Deputado no Parlamento de Galicia nas VII, VIII, IX, X, XI e XII lexislaturas, exerceu como voceiro do PP de Galicia entre os anos 2009 e 2013 e como secretario xeral da Emigración dende o 26 decembro de 2012 ata a actualidade. 

É membro do Comité Executivo do PPdeG desde o ano 2006 e, na actualidade, é membro do Comité Executivo do PP a nivel nacional, como secretario do PP Exterior.

224 lecturas